El miajón de los castúos
Aparencia
El miajón de los castúos | |
---|---|
Título orixinal | El miajón de los castúos |
Autor/a | Luis Chamizo |
Lingua | lingua estremeña |
Xénero(s) | poesía |
Data de pub. | 1921 |
[ editar datos en Wikidata ] |
El miajón de los castúos ("A esencia dos labregos") é unha obra do escritor estremeño Luis Chamizo publicada en 1921, composta por doce poemas relacionados temática e lingüisticamente. O libro é unha homenaxe ao pobo estremeño, do que destaca o miajón ou a entraña identificativa do ser estremeño. As escasas descricións na obra dan paso a diálogos e monólogos que contribúen a unha estrutura cuasiteatral, na que cada composición corresponde a unha escena dramática. Todos os poemas están medidos cronoloxicamente.
Pola súa banda, os castúos considéranse os descendentes dos conquistadores, por iso o autor os describe como "os netos dos machos que outros días triunfaron en América".[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Chamizo, Luis (1921). "El majon de los castuos".