Eladio Cuíña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 (72/73 anos) Prado, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor |
Familia | |
Irmáns | Xosé Cuíña |
Eladio Cuíña Crespo, nado en Prado (Lalín) en 1952,[1] é un empresario galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Xosé Cuíña Crespo. Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela.[2] Foi cofundador, xunto co seu irmán Ramón, da empresa Inasus S.L.da que chegou a ser director xeral.[3]
En 1978, pasou a ser directivo do holding empresarial familiar Grupo Aurela -creado polos irmáns Ramón e por Xosé Cuíña en 1970-[1] formado por Inasus, Metaldeza, Aurela Energías e Aurela Inmobiliaria 2001 e que compartiu a un 50% co seu irmán Ramón.[4]
Foi representante da Deputación de Pontevedra no consello de administración da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (1988). Foi nomeado comendador do Cocido en 2015.[2] En maio de 2017 anunciou a súa retirada dos negocios. Foi presidente do Club Balonmán Lalín (1984).[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Ana María Fernández Asorey e ten dous fillos, Alberto e Lucia.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Redacción (7 de decembro de 2020). "El grupo Aurela, Gallego del Mes gracias a su pujanza empresarial". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Redacción (30 de maio de 2017). "Eladio Cuiña, histórico director general de Inasus, anuncia su retirada". economiadigital.es (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2022.
- ↑ Redacción (31 de maio de 2017). "Eladio Cuiña, director general y cofundador de Inasus, se retira". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2022.
- ↑ Redacción (8 de xulllo de 2013). "Caminos divergentes de las empresas de los hermanos Cuiña". economiadigital.es (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2022.
- ↑ Redacción (31 de maio de 2017). "Eladio Cuiña anuncia su adiós empresarial". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2022.