Eladio Osorio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1943 (80/81 anos) Ruídos, España |
Alcalde de Castro Caldelas | |
1999 – novembro de 2014 (dimisión) – Sara Inés Vega → | |
Alcalde de Castro Caldelas | |
1987 – novembro de 1996 (moción de censura) | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Castro Caldelas |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de |
Eladio Osorio Castro, nado en Ruídos (Mazaira, Castro Caldelas) en 1943, é un político galego ligado ao PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Concelleiro do PSdeG-PSOE en Castro Caldelas dende 1983. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Castro Caldelas e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde tras revalida-la maioría absoluta nas eleccións de 1991 e 1995. En novembro de 1996 perdeu a alcaldía tras presenta-lo PPdeG unha moción de censura co apoio dun tránsfuga socialista[1]. En 1999 recuperaría a alcaldía tras lograr unha axustada maioría absoluta por tan só 19 votos de vantaxe. Revalidaría a alcaldía nos comicios de 2003 cunha ampla maioría absoluta de 7 concelleiros de 9. En 2007 e 2011 foi novamente reelixido por maioría absoluta, con 6 e 5 concelleiros respectivamente. En novembro de 2014 dimitiu e foi substituído pola súa compañeira Sara Inés Vega[2].
Predecesor: José Fernández Rodríguez |
Alcalde de Castro Caldelas 1987 - 1996 |
Sucesor: José Baldonedo Enríquez |
Predecesor: José Baldonedo Enríquez |
Alcalde de Castro Caldelas 1999 - 2014 |
Sucesor: Sara Inés Vega |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Triunfa una moción de censura contra el PSOE en Castro Caldelas
- ↑ "Sara Inés Vega, nova alcaldesa de Castro Caldelas". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 08 de novembro de 2014.