Eladio Osorio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de decembro de 1943 ![]() Castro Caldelas, España ![]() |
Morte | 8 de xaneiro de 2025 ![]() Parada de Sil, España ![]() |
![]() | |
1999 – novembro de 2014 (dimisión) – Sara Inés Vega → | |
![]() | |
1987 – novembro de 1996 (moción de censura) ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Castro Caldelas ![]() |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de |
Eladio Osorio Castro, nado en Ruídos (Mazaira, Castro Caldelas) o 2 de decembro de 1943 e finado o 8 de xaneiro de 2025 en Parada de Sil, foi un político galego ligado ao PSdeG-PSOE que foi alcalde de Castro Caldelas durante case tres décadas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Concelleiro desde 1979, primeiro como membro da Agrupación de Electores AEICC, foi elixido como concelleiro co PSdeG-PSOE en Castro Caldelas en 1983. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Castro Caldelas e foi elixido alcalde con maioría absoluta.
Continuou como alcalde tras revalidar a maioría absoluta nas eleccións de 1991 e 1995. En novembro de 1996 perdeu a alcaldía tras presenta-lo PPdeG unha moción de censura co apoio dun tránsfuga socialista[1]. En 1999 recuperaría a alcaldía tras lograr unha axustada maioría absoluta por tan só 19 votos de vantaxe. Revalidaría a alcaldía nos comicios de 2003 cunha ampla maioría absoluta de 7 concelleiros de 9. En 2007 e 2011 foi novamente reelixido por maioría absoluta, con 6 e 5 concelleiros respectivamente. Durante os seus mandatos creáronse varias escolas-obradoiro de Castro Caldelas, construíuse o centro de saúde, pavillón polideportivo, residencia de maiores e restaurouse o castelo da localidade[2]. Tamén se arranxou todo o casco vello e este acadou o recoñecemento como B.I.C. en 1988 (categoría conxunto histórico).
En novembro de 2014 dimitiu e foi substituído pola súa compañeira Sara Inés Vega[3].
Predecesor: José Fernández Rodríguez |
![]() Alcalde de Castro Caldelas 1987 - 1996 |
Sucesor: José Baldonedo Enríquez |
Predecesor: José Baldonedo Enríquez |
![]() Alcalde de Castro Caldelas 1999 - 2014 |
Sucesor: Sara Inés Vega |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou e tivo catro fillos e tres netos. Enviuvou dous anos antes do seu falecemento[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Triunfa una moción de censura contra el PSOE en Castro Caldelas
- ↑ 2,0 2,1 "Fallece Eladio Osorio Castro, exalcalde socialista de Castro Caldelas". La Región (en castelán). 2025-01-09. Consultado o 2025-01-09.
- ↑ "Sara Inés Vega, nova alcaldesa de Castro Caldelas". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 08 de novembro de 2014.