Eladio Vaz Gallego
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1894 Santiago de Compostela, España |
Morte | 2 de decembro de 1957 (62/63 anos) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, funcionario |
Familia | |
Parentes | Rafael Domínguez Artime, neto |
Eladio Vaz Gallego, nado en Santiago de Compostela en 1894 e finado en Pontevedra o 2 de decembro de 1957, foi un funcionario e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi oficial da Prisión do partido de Santiago de Compostela nos anos vinte e trinta. O 6 de xullo de 1936 ingresou no Partido Galeguista. Escribiu poemas en galego e castelán entre 1937 e 1947, dos que só se conservan medio centenar en castelán, pois a súa produción en galego extraviouna Luís Emilio Batallán logo de que a familia lla prestase para musicar poemas.[1]
En 1939 era director da prisión de Toledo, cando foi ocupada polas topas franquistas. Librou da condena grazas a unha carta que os presos enviaron a Franco pedindo clemencia para o que fora o seu carcereiro. En 1949 era xefe de prisións de Cangas de Onís,[2] e despois foi Administrador da Prisión Provincial de Pontevedra.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Santiago de Compostela con Concepción Pintos Conde en febreiro de 1925.[4] Foi pai de María del Carmen Vaz Pintos, que casou co médico Miguel Domínguez Rodríguez.
Obra
[editar | editar a fonte]- Oropeles (Ab Origine, 2017)