Eladio de Lema Martín
Aparencia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1853 ![]() Vigo, España ![]() |
Morte | 5 de outubro de 1928 ![]() Vigo, España ![]() |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Pereiró ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político ![]() |
Membro de | |
Premios | |
Eladio de Lema Martín, nado en Vigo en 1853 e finado na mesma cidade o 5 de outubro de 1928[1], foi un editor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ángel de Lema Marina, propietario do Faro de Vigo, sucedeu ao seu pai na dirección do periódico en 1881. Afiliado ao Partido Conservador, primeiro seguindo a José Elduayen e despois a Gabino Bugallal, foi concelleiro de Vigo, deputado provincial e en 1921 foi elixido senador pola provincia de Pontevedra.
Os seus restos repousan no Cemiterio de Pereiró.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Mercedes Rubido e foi pai de Ángel, Mercedes e Josefina.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Eladio de Lema, 1917.
-
Enterro de Eladio Lema. O seu féretro levado por traballadores do Faro de Vigo.
-
Tumba en Pereiró.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 6-10-1928, p. 1 Arquivado 13-02-2018 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eladio de Lema Martín ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Crónica de un decanato" Faro de Vigo (en castelán).