Elbaíta
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Elbaíta | |
---|---|
Elbaíta | |
Fórmula química | Na(Li,Al)3Al6(BO3)3Si6O18(OH,F)4 |
Clase | Silicatos |
Subclase | Ciclosilicatos |
Sistema cristalino | Hexagonal |
Cor | Branca, verde, vermella e azul |
Brillo | De vítreo a resinoso |
Dureza | 7-7,5 |
Fractura | Concoidea ou irregular |
Exfoliación | Moi imperfecta |
Raia | Branca |
Densidade | 3-3,25 g/cm3 |
A elbaíta é un mineral da clase dos silicatos e que forma parte da serie isomorfa da turmalina cuxa fórmula química é Na(Li,Al)3Al6(BO3)3Si6O18(OH,F)4 (contén 32-38% de SiO2, 20-40% de Al2O3 e 20% de H2O). É resistente á acción dos ácidos.
Aspecto
[editar | editar a fonte]A elbaíta cristaliza en forma de cristais prismáticos tabulares ou aciculares. Tamén aparece de forma radiada e masiva.
Variedades da elbaíta
[editar | editar a fonte]Segundo a súa cor pódese diferenciar dentro deste mineral diferentes variedades:
- Acroíta, de cor branca.
- Indigolita, de cor azul.
- Rubelita, de cor rosa ou vermella.
- Verdelita, de cor verde.
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]Pódese atopar en granitos e gneises e, especialmente, nos filóns do tipo pegmatítico. Trátase dun mineral hidrotermal de altas temperaturas, procedente de fluídos profundos que escaparon ó final do proceso de cristalización.
Podemos atopar rubelita en Valdemierque (Salamanca) e indigolita en Laxe (A Coruña).
Usos da elbaíta
[editar | editar a fonte]Polas súas propiedades piezoeléctricas a elbaíta utilízase para a fabricación de calibradores de presión.
É moi apreciada no coleccionismo e no mundo da xoiería.
Outros silicatos
[editar | editar a fonte]Outros silicatos importantes son:
A olivina, o feldespato, o cuarzo e as micas.