As eleccións ao Parlamento polaco de 2007 celebráronse o 21 de outubro, para escoller os representantes nas dúas cámaras do parlamento de Polonia, Sejm e Senat. Isto sucedeu tras o Sejm, a cámara baixa, aprobar a súa propia disolución o 7 de setembro de 2007. As eleccións ocorreron dous anos antes do prazo máximo de 4 anos de cada lexislatura polaca, sendo as anteriores eleccións no 2005. Todos os partidos votaron a favor da disolución agás a Liga das Familias Polacas e Autodefensa da República de Polonia, membros da coalición gobernante até aquel momento.
Tras as eleccións, o primeiro ministro e líder do PiS, Jarosław Kaczyński, deixa a presidencia do goberno despois da primeira reunión do novo Sejm, o 5 de novembro. Donald Tusk convértese logo no novo primeiro ministro de Polonia.