Saltar ao contido

Electric

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Electric
Álbum de The Cult
Publicado6 de abril de 1987
Duración38:51
Xénero(s)hard rock
Selo(s)Beggars Banquet, Sire
Producido porRick Rubin
Cronoloxía
Love
(1985)
Electric Sonic Temple
(1989)

Electric é o terceiro álbum de estudio da banda británica de rock The Cult, publicado o 6 de abril de 1987[1][2] a través dos selos Beggars Banquet Records e Sire Records. Foi a continuación do seu gran éxito comercial Love. O disco igualou a posición do seu predecesor ao alcanzar o número catro no Reino Unido, pero superou o tempo na lista, pasando un total de 27 semanas.[3]

O álbum marcou un cambio estilístico deliberado no son da banda do rock gótico ao hard rock máis tradicional.[4] Rick Rubin, o produtor de Electric, fora contratado especificamente para refacer o son da banda nun esforzo por aproveitar a popularidade do hard rock, o glam metal e o heavy metal nos anos 80.[5] O álbum apareceu no libro 1001 Albums You Must Hear Before You Die.[6]

En 2013, o álbum foi reeditado como un dobre CD baixo o título Electric Peace, cun disco que incluía o álbum publicado orixinalmente e o segundo con todo o álbum Peace gravado durante as Manor Sessions.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Ian Astbury e Billy Duffy, agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Wild Flower"    3:37
2. "Peace Dog"    3:34
3. "Lil' Devil"    2:44
4. "Aphrodisiac Jacket"    4:11
5. "Electric Ocean"    2:49
6. "Bad Fun"    3:33
7. "King Contrary Man"    3:12
8. "Love Removal Machine"    4:17
9. "Born to Be Wild"  Mars Bonfire 3:55
10. "Outlaw"    2:52
11. "Memphis Hip Shake"    4:01
  1. Thompson, Dave (22 de xuño de 2000). Alternative Rock. Hal Leonard Corporation. p. 301. ISBN 978-0-87930-6-076
  2. "Cult". Trouser Press (en inglés). Consultado o 2024-08-28. 
  3. "Electric". Official Charts (en inglés). 1987-04-18. Consultado o 2024-08-28. 
  4. Wallpublished, Mick (2022-04-07). "How The Cult's Electric helped save rock". louder (en inglés). Consultado o 2024-08-28. 
  5. "The advice Rick Rubin gave Billy Duffy and The Cult". faroutmagazine.co.uk (en inglés). 2023-04-23. Consultado o 2024-08-28. 
  6. "The Cult - Electric - Review - 1001 Albums You Must Hear Before You Die". 1001albumsyoumusthearbeforeyoudie.wikidot.com. Consultado o 2024-08-28.