Elefante africano de bosque
Aparencia
Elefante africano de bosque | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Loxodonta cyclotis' (Matschie, 1900) | |||||||||||||||
Distribución do elefante africano de bosque
|
O elefante africano de bosque[2] (Loxodonta cyclotis) é unha especie de proboscídeo da familia dos elefantes que habita na Conca do Congo. Tradicionalmente considerado como sinónimo ou subespecies do elefante africano (Loxodonta africana cyclotis), unha investigación de 2010 apoia a teoría de ser unha especie diferente. Isto convérteo na máis pequena das tres especies de elefantes que existen, pero tamén no terceiro animal terrestre máis grande.
Os debatidos elefantes pigmeos da Conca do Congo, que foron considerados como unha especie separada (Loxodonta pumilio), son probablemente elefantes de bosque que empequeneceron debido ás condicións medioambientais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Blanc, J. (2008). "Loxodonta africana". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2010 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 30 de xuño de 2010.
- ↑ Definición de elefante, -ta no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.