Elementos do grupo 6
Grupo 6, numerado polo estilo da IUPAC, é un grupo de elementos na táboa periódica. Os seus membros son o cromo (Cr), molibdeno (Mo), volframio (W), e seaborgio (Sg). Todos estes son metais de transición e o cromo, molibdeno e volframio son metais refractarios. O período 8 dos elementos do grupo 6 son semellantes ao moscovio (Mc) ou unpentoctío (Upo). Isto non podería ser posible; a inestabilidade por goteo implicaría que a táboa periódica rematase no unbihexio. Nin o unpentoctío nin o moscovio foron sintentizados, e non semella que vaia ocorrer nun futuro próximo.
Como outros grupos, os membros desta familia mostran patróns nas súas configuracións electrónicas, especialmente as capas máis externas que dan lugar a tendencias no comportamento químico:
Z | Elemento | Número de electróns/capa |
---|---|---|
24 | cromo | 2, 8, 13, 1 |
42 | molibdeno | 2, 8, 18, 13, 1 |
74 | volframio | 2, 8, 18, 32, 12, 2 |
106 | seaborgio | 2, 8, 18, 32, 32, 12, 2 |
"Grupo 6" é o novo nome da IUPAC para este grupo; o nome no estilo antigo era "grupo VIB" no antigo sistema dos Estados Unidos (CAS) ou "grupo VIA" no sistema europeo (antiga IUPAC). O grupo 6 non debe ser confundido co grupo do estilo antigo de grupos no caso dos nomes VIA (sistema dos Estados Unidos, CAS) ou VIB (sistema europeo, antiga IUPAC). Ese grupo denomínase agora grupo 16.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |