Saltar ao contido

Elena Ballesteros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaElena Ballesteros

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Elena Ballesteros Triguero Editar o valor en Wikidata
6 de xullo de 1981 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeDani Mateo Editar o valor en Wikidata
IrmánsPaula Ballesteros Triguero Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0050787 Editar o valor en Wikidata

María Elena Ballesteros Triguero, coñecida como Elena Ballesteros, nada en Madrid, o 6 de xullo de 1981, é unha actriz española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou facendo anuncios de publicidade, mentres acudía a castings para conseguir o seu gran soño, ser actriz. Esta oportunidade chegoulle co papel de Lola na serie Más que amigos, en 1996. Nela traballou xunto con Paz Vega, Melani Olivares e Alberto San Juan, entre outros. Nesa mesma época foi presentadora do programa infantil Club Disney, o que lle impediu formar parte de Compañeros malia ser seleccionada logo de presentarse ó casting.[1]

A esta serie seguiríalle Periodistas, onde daba vida á filla de José Coronado. Este papel deulle gran popularidade e abriulle as portas do cine. Dende entón rodou ás ordes de directores como Manuel Iborra, Gerardo Herrero, Mariano Barroso ou Roger Young. Cabe destacar Café solo o con ellas de Álvaro Díaz Lorenzo, un dos filmes españois con maior recadación do ano 2007.[2] Pode mencionarse tamén La habitación de Fermat cunha gran andaina internacional. En 2009 rodou en Buenos Aires o filme Propios y extraños do director Manolo González, cuxo guión foi premiado pola ASGAE.

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Ten unha filla chamada Jimena froito da súa relación co actor Paco Marín.[3]Casou o 23 de xullo de 2010 co cómico Dani Mateo ó que coñeceu durante a rodaxe de La familia Mata.[4]

A principios de xullo de 2016, ambos confirman o seu divorcio tras 6 anos como parella.[5]

É irmá da tamén actriz Paula Ballesteros.