Elena Candia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Elena Candia López 3 de febreiro de 1978 (46 anos) Mondoñedo, España |
Presidenta da Deputación de Lugo | |
xuño de 2015 – outubro de 2015 (moción de censura) ← Xosé Ramón Gómez Besteiro – Darío Campos Conde → | |
Alcaldesa de Mondoñedo | |
2015 – 2020 (dimisión) ← Orlando González Cruz – Manuel Ángel Otero Legide → | |
Actividade | |
Ocupación | política, avogada |
Elena Candia López, nada en Mondoñedo o 3 de febreiro de 1978,[1] é unha avogada e política galega do PPdeG. Actualmente é Vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia e concelleira no concello de Lugo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Dereito. Traballou en seguros. Nas eleccións municipais de 2003 foi elixida concelleira de Mondoñedo. Foi deputada provincial. Nas municipais de 2015 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Mondoñedo e foi elixida alcaldesa de Mondoñedo como candidata do partido máis votado.[2]
Presidenta da Deputación
[editar | editar a fonte]Así mesmo foi elixida presidenta da Deputación Provincial de Lugo, logo dunha sesión de investidura na que Manuel Martínez, alcalde de Becerreá (do PSdeG-PSOE) rebelouse contra Darío Campos, alcalde da Pontenova e candidato imposto polo PSdeG-PSOE tras ser el vetado a petición do BNG por estar imputado, rompendo a disciplina do partido votándose a si mesmo en vez de a Darío Campos.[3] En outubro, unha moción de censura de PSdeG e BNG apartouna do cargo.[4]
Outros cargos
[editar | editar a fonte]En xullo de 2020 foi elixida parlamentaria no Parlamento de Galicia como cabeza de lista por Lugo. Dende o 24 de maio de 2022, foi a vicepresidenta primeiro da cámara galega. A nivel orgánico é a presidenta do PPdeG na provincia de Lugo dende marzo do 2016. Nas eleccións municipais de 2023 o seu partido elixiuna como a candidata á alcaldía de Lugo,[5] sendo elixida concelleira de Lugo.
Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Lugo.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha na Deputación de Lugo". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2013. Consultado o 16 de xuño de 2015.
- ↑ Sande, Miguel (2015-06-14). "Quien lo disfrutó y vivió con emoción fue Elena Candia en Mondoñedo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-01-24.
- ↑ Sueiro, Marcos (2015-06-24). "La popular Elena Candia, nueva presidenta de la Diputación de Lugo gracias a un alcalde socialista". Diario ABC (en castelán). Consultado o 2024-01-24.
- ↑ Lombao, David (2015-10-08). "Martínez cumpre á segunda e permite que PSdeG e BNG recuperen a Deputación de Lugo". Praza Pública. Consultado o 2024-01-24.
- ↑ "A candidata para a alcaldía de Lugo polo PP, Elena Candia, promete unha Concellaría de Maiores e unha administración “máis accesible". Lugo Xornal. 4 de xaneiro de 2023.
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elena Candia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Predecesor: Orlando González Cruz |
Alcaldesa de Mondoñedo 2015 - 2020 |
Sucesor: Manuel Ángel Otero Legide |
Predecesor: Xosé Ramón Gómez Besteiro |
Presidenta da Deputación Provincial de Lugo Entre xuño e outubro de 2015 |
Sucesor: Darío Campos Conde |
- Alcaldes de Mondoñedo
- Alcaldes de Galicia polo PPdeG
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Presidentes da Deputación de Lugo
- Concelleiros de Lugo
- Concelleiros de Galicia polo PPdeG
- Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Nados en Mondoñedo
- Nados en 1978
- Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia