Elena Estévez Freire
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2020.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de abril de 1970 (54 anos) Bueu, España |
Alcaldesa de Bueu | |
19 de xullo de 2004 – 2007 ← Félix Juncal Novas – Félix Juncal Novas → | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Popular de Galicia |
Elena Estévez Freire, nada en Bueu o 20 de abril de 1970, é unha política galega do PPdG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Dereito, entrou a formar parte da corporación municipal de Bueu no ano 1999, tras unhas eleccións que lle deron unha maioría absoluta ao PPdG, sendo elixido alcalde Tomás Barreiro Sotelo. No período 1999-2003, Estévez ocupou responsabilidades en Educación e Persoal.
Nas eleccións municipais do ano 2003 os populares perderon a maioría absoluta, obtendo 7 dos 17 concelleiros. Félix Juncal (BNG), quen lograra 6 actas nas eleccións, foi elixido alcalde co apoio de IBueu e PSdG-PSOE. Dirixiu un goberno en minoría integrado polos concelleiros do Bloque e de Independentes.
A renuncia do candidato do Partido Popular, Santiago Barros, deixou a Estévez, que ocupaba o segundo posto nas listas, como portavoz do partido. O 19 de xullo de 2004, despois dunhas tensas relacións entre os socios de goberno, foi aprobada unha moción de censura que apartou a Juncal do mando municipal. Nomeada alcaldesa, Elena Estévez desempeñou o cargo cun goberno en minoría até o 2007, ano en que se retirou da política activa.
En novembro de 2018, foi elixida polo partido como candidata ás eleccións municipais de maio do 2019, regresando así á vida política. Nos comicios, o PPdG subiu de 1196 votos a 1957, pasando de 3 a 6 actas. Após estes resultados, Estévez obtivo acta de concelleira en Bueu (exercendo de líder da oposición), así como de deputada na Deputación de Pontevedra.
En novembro de 2022 confirmouse a súa candidatura á alcaldía do concello de Bueu ás eleccións municipais de 2023[1].
Predecesor: Félix Juncal |
Alcaldesa de Bueu 2004-2007 |
Sucesor: Félix Juncal |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ xornaldebueu (2022-11-13). ""É moi evidente o descontento da cidadanía co goberno e con Félix Juncal"". Xornal de Bueu. Consultado o 2023-02-07.