Elena Piñeiro Castro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1907 Carnota, España |
Morte | 27 de marzo de 1997 (89/90 anos) Carnota, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | farmacéutica |
Elena Piñeiro Castro, nada en Carnota en 1907 e finada no mesmo concello o 27 de marzo de 1997, foi unha farmacéutica galega.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela, rematando en 1925.[2] Licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela en 1930.[3] Despois de rematar a carreira tomou posesión da botica na parroquia de Santa Comba de Carnota.[1] De ideario republicano, estaba separada do seu marido e vivía acompañada da súa empregada do fogar.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou audicións da “Pirenaica” na casa onde se atopaba a botica. Foi delatada e xunto coa empregada foron acosadas e agredidas de forma continuada polos falanxistas.[1] Cortáronlle o pelo ao cero pola forza na principal praza de Carnota.[1] A radio foille incautada.[1] Finou en Carnota o 27 de marzo de 1997.[4]