Eliseo Seoane
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1915 ![]() Vilamaior, España ![]() |
Morte | 5 de maio de 1986 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Catedrático de universidade | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | teólogo, químico ![]() |
Empregador | Universidade de Valencia ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Eliseo Seoane Bardanca, nado en Vilamaior (Santa Comba) o 1 de abril de 1915 e finado en Santiago de Compostela o 5 de maio de 1986,[1] foi un catedrático, teólogo, filósofo e químico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1931 fixo en Santiago de Compostela o ano do Noviciado e en 1938 a profesión de votos solemnes. Concluídos os estudos de Filosofía, Teoloxía e demais ciencias relacionadas como ministerio pastoral e sacerdotal, ordenouse presbítero no ano 1939.
En 1949 iniciou os estudos de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Madrid en 1945. En 1949 doutorouse coa tese Sulfamidas arsenicales[2]. En Santiago de Compostela foi profesor axudante de Química Orgánica (1945-1949), adxunto (1946-1954), profesor agregado de Química Orgánica na Universidade de Barcelona (1967-1974)[3] e catedrático da mesma materia na Universidade de Valencia (1974-1985)[1][4].
As súas investigacións e publicacións, coroadas por varias patentes científicas, acreditouno para traballar en universidades británicas como Birkbeck College, Chemistry Department Imperial College e na Universidade de Glasgow, xunto ao premio Nobel de Química, Derek Barton[5]. En Londres elaborou estudos sobre os constituíntes de resinas vexetais Mastic, separando nelas por primeira vez dúas substancias, tirucalol e ácido oleanónico, e outras dúas descoñecidas ás que denominou ácido masticadienónico e ácido isomasticadienónico. Foi director dos departamentos de Química Orgánica de Barcelona e Valencia e do Consello Superior de Investigacións Científicas de España.
Presentou estudos no Internacional Symposium on Microchemical Techniques, en Pensilvania (EEUU), entre eles o seu traballo "Demostration of Funcional Groups in Indole Compouns by Micro Scale Reactions". Era membro da Real Sociedade Española de Física e Química, Boletín da Universidade Santiago de Compostela, Journal of the Chemical Society, Revista de Ciencia Aplicada, Ión, Tetrahedron e Información de Química Analítica, entre outras.
Realizou 105 traballos científicos editados coa súa sinatura, 22 teses de doutoramento[6] dirixidas durante o seu maxisterio. Todo isto compaxinouno co seu labor de crego e franciscano concretado en diversos labores pastorais como catequese rural, predicación, ensino a futuros frades e publicación de escritos en revistas como Liceo Franciscano e Verdad y Vida[7]. Cando finou, no Hospital Xeral de Galicia en Santiago de Compostela, contaba con 71 anos e foi soterrado na súa parroquia natal de Vilamaior.
Obra
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Sulfamidas arsenicales, 1949.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Personaxes de Santa Comba". santacomba.es. Consultado o 2024/03/27.
- ↑ "Sulfamidas arsenicales". biblioteca.gal. Consultado o 2024/03/27.
- ↑ BOE-E-1967/03/13/A03449-03449 se nombra, en virtud de concurso-oposición, Profesor agregado de «Química orgánica» (D epartamento de Química Orgánica) de la Facultad de Ciencias de la Universidad de Barcelona a don Elíseo Seoane Bardanca.
- ↑ "BOE-A-1974-46166 Orden de 26 de junio de 1974 por la que se nombra, en virtud de concurso de acceso, a don Eliseo Seoane Bardanca Catedrático de la Universidad de Valencia.". www.boe.es. Consultado o 2024-03-27.
- ↑ "Acto de Investidura como Doctor “Honoris Causa” del Excm. Sr. Dr. Sir Derek Barton". www.uv.es. Consultado o 2024-03-27.
- ↑ "Tesis de Eliseo Seoane Bardanca". Dialnet (en castelán). Consultado o 2024-03-27.
- ↑ "Publicaciones de Eliseo Seoane Bardanca". Dialnet (en castelán). Consultado o 2024-03-27.