Saltar ao contido

Eliyahu Landa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEliyahu Landa
Biografía
Nacemento1873 Editar o valor en Wikidata
Morte1946 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Lugar de sepulturaCemiterio xudeu do Monte das Oliveiras Editar o valor en Wikidata

Eliyahu Landa, nado en Xerusalén o 19 de xullo de 1873 e finado en Tel Aviv o 23 de xullo de 1946, foi un rabino, escritor e editor xudeu, coñecido por preparar a primeira biblia hebraica en Terra Santa e por ser pai da xenealoxía xudía.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Mapa da Terra Santa realizado por Eliyahu Landa en 1938

Descedente de Gaon de Vilna, seu pai era o rabino Elazar de Slonim (1818-1874) que emigrara a Terra Santa en 1868 e súa nai Batia Breina, filla do rabino Zeev Wolfinsohn. Cando tiña seis meses morreu seu pai, e Eliyahu medrou na casa do seu avó materno. Estudou en escolas rabínicas, en especial na Etz Chaim Yeshiva. En 1897 coincidindo co centenario do nacemento de Gaon de Vilna estableceu unha Bet Midrash (sala de estudos) onde recolleu os libros e manuscritos, que estaban en posesión da súa familia, sobre Gaon, os seus descendentes espirituais; así como moitos outros que foi recolectando ao longo dos anos. E mesmo viaxou por Europa e os Estados Unidos para incrementar o volume de libros e documentos que mantiña alí. Ao desmantelarse a Bet Midrash por dificultados económicas doou a súa colección ao seu amigo, o rabino Abraham Isaac Kook para que permaneceran no Mercaz HaRav nunha colección separada. En 1904 viaxou á Vilna para se prostar na sepultura de Gaon.

En Palestina publicou e imprimiu máis de 50 libros[1], entre os que salientan os de Gaon, seu fillo Abraham ben HaGaon e dos seus discípulos, mais tamén os seus propios libros, para a impresión contou coa axuda de seu fillo e sucesor Yaakov Elazar Landau. Nunha época en que eran as misións cristiás as que imprimían as biblias en hebreo foi el quen publicou a primeira Biblia en lingua hebrea en Terra Santa enteiramente realizada por xudeus.

Entre as súas propias obras publicadas salienta, "Divrei Yemi Olam", unha cronoloxía de personalidades e eventos dende a creación do mundo ata o período romano, pero que non puido completar.

Residiu nos Estados Unidos entre 1924 e 1934, e alí exerceu como rabino, fundou unha sala de estudos e traballou tamén como profesor de hebreo[2]. De volta á Terra Santa fundou en 1934 con Yosef Zvi HaLevy[3] a Sinagoga Gra, a primeira sinagoga lituana de Tel Aviv.

  1. Tidhar, David (1947). "הרב אליהו לנדא". אנציקלופדיה לחלוצי הישוב ובוניו I. p. 116. 
  2. Eli Ashad (2008). "גואל התנ"ך: על הרב אליהו לנדא". המולטי יקום של אלי אשד. 
  3. Rosenson, Israel (2011). "על בית הכנסת הגר”א בתל אביב". En Israel Rosenson e Yosef Rivlin. תלמידי הגר"א בארץ ישראל – היסטוריה, הגות, ריאליה. pp. 170–210.