Ellen R. Feingold
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de marzo de 1983 |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade de Oxford. Universidade de Wisconsin. |
Actividade | |
Ocupación | Responsable da Colección Numismática Nacional dos EEUU. |
Ellen R. Feingold nada o 8 de marzo de 1983, é unha historiadora e numismática estadounidense, responsable da Colección Numismática Nacional dos EEUU.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Feingold cursou os seus estudos superiores de Historia na Universidade de Wisconsin, onde se graduou en 2005. Posteriormente acadou o seu mestrado en Economía e Historia Social (2008) e o seu doutoramento en Historia (2012) na Universidade de Oxford,[1] este último cunha tese acerca do proceso de descolonización do Tribunal Superior de Tanzania.[2]
Durante a súa etapa en Inglaterra, logo do seu doutoramento, foi conservadora do proxecto "Diñeiro en África" no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.[2][3] En 2014 foi nomeada conservadora da Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos, adscrita ao Museo Nacional de Historia do Instituto Smithsoniano.[1][2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]- (2015). The Value of Money. Smithsonian Institution Scholarly Press. ISBN 978-1935623809
- (2018). Colonial Justice and Decolonization in the High Court of Tanzania, 1920-1971. Palgrave Macmillan. ISBN 978-3319888231
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Smith, P. (2012).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Ellen Feingold. Curator of the National Numismatic Collection Arquivado 12 de setembro de 2023 en Wayback Machine.". National Museum of American History (americanhistory.si.edu).
- ↑ "Ellen R Feingold". The British Museum.
- ↑ "ANA Honors Distinguished Numismatist with Awards". En Coins Weekly. 26 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, P. (2012). "Feingold, Ellen R.". En American Numismatic Biographies. Páxina 142.