Eloxio da distancia
Eloxio da distancia | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | Felipe Vega e Julio Llamazares |
Produtor | Julio Fernández (Bren Entertainment) |
Guión | Felipe Vega e Julio Llamazares |
Intérpretes | Actores non profesionais |
Música | Eva Valiño |
Fotografía | Alfonoso Parra (AEC) |
Montaxe | Angel Hernández Zoido |
Distribuidora | Filmax |
Estrea | 2007 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Galicia |
Xénero | Documental |
Orzamento | 440 935 €[1] |
Recadación | 503,47 €[2] |
Na rede | |
Eloxio da distancia é unha longametraxe de carácter documental galega estrada en 2007, dirixida por Felipe Vega e Julio Llamazares sobre unha idea orixinal de Mario Crecente.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O filme narra a vida diaria dos habitantes da Fonsagrada. O paso das estacións emprégase para mostrar imaxes e paisaxes da rexión, e ver coma os habitantes destas vilas desenvolven as súas vidas en relación ó medio que os rodea (recolección de cogomelos no outono, a auga da primavera proveniente do desxeo ou o nacemento dun becerro) e a relación cos propios veciños e demais habitantes da zona (a xuntanza dos amigos á mesa, a visita a un vello petrucio, os enterros, as clases de baile, a escola, ou a obra de teatro feita polos nenos). A película mostra unha forma de vida marcada polas distancias espaciais tanto internas coma externas, e pon en valor estes xeitos de vida máis tradicionais, fronte ás formas de vidas modernas propias das grandes vilas e cidades.
Características
[editar | editar a fonte]A película rodouse con actores non profesionais. Divídese en catro seccións de acordo a cada unha das estacións:
- Primavera: A personaxe central desta parte é Raúl, o carteiro.
- Verán: A personaxe principal desta sección e Luz e leva o subtítulo Os do outro lado, en referencia ós habitantes de Asturias e León, limítrofes coa Fonsagrada.
- Outono. Subtitulada Bolaño e os seu mundo
- Inverno. A personaxe principal é Pilar, a veterinaria.
Datos de interese
[editar | editar a fonte]- Un dos personaxes máis vellos da longametraxe comenta a seguinte dita: Unha sebe dura tres anos. Un can dura tres sebes. Unha besta dura tres cans. E un home dura tres bestas
- Cada cambio de estación faise patente na película coa música da trompa ou berimbau, instrumento musical tradicional da rexión.
- Ó peche da película faise coa seguinte sentenza: A distancia. A distancia é o tempo pra pensar.
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor filme documental | Formateo, Pórtico Comunicaciones, Tic Tac Producciones | Nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ culturagalega.gal (ed.). "Ficha de Eloxio da distancia en AVG". Consultado o 26 de xaneiro de 2020.
- ↑ Catálogo ICAA (ed.). "Ficha da ICAA de Eloxio da distancia". Consultado o 2 de novembro de 2019.