Eloy Tato
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de setembro de 1923 Viladequinta, España |
Morte | 18 de xaneiro de 2022 (98 anos) O Barco de Valdeorras, España |
1º Bispo diocesano | |
25 de abril de 1969 – 31 de maio de 1994 – Armando Larios Jiménez (en) → Diocese: Roman Catholic Diocese of Magangué (en) | |
Bispo titular | |
3 de maio de 1960 – Diocese: Cardicium (en) | |
Vigairo apostólico | |
3 de maio de 1960 – Diocese: Roman Catholic Diocese of Montelíbano (en) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1960–), sacerdote católico (1946–), teólogo |
Orde relixiosa | Spanish Institute of Saint Francis Xaverius for Foreign Missions (en) |
Consagración | Ildebrando Antoniutti |
Eloy Tato Losada, nado en Viladequinta (Carballeda de Valdeorras) o 6 de setembro de 1923 e finado o 18 de xaneiro de 2022 no Barco[1], foi un bispo católico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuela (finada en 1963) e Venancio (finado en 1941), tivo catro imáns máis vellos (Pura, Antonio, Luis e Manuela)[2]. Estudou para crego no seminario de Astorga e ordénárono sacerdote católico o 15 de xuño de 1946 en Astorga. Durante seis anos traballou como sacerdote en Valdeorras, cubrindo as parroquias de Meda, A Alberguería, Prada, Riomao, Corexido e Vilaboa, todas elas no municipio da Veiga[3].
En 1952 ingresou primeiro no Seminario de Misións en Burgos e en 1953 no Instituto Español de San Francisco Javier para Misiones Extranjeras, órgano da Compañía de Xesús en España. En 1954 instalouse en Colombia, onde accedeu ao posto de vigairo apostólico de San Jorge (a actual diocese de Montelíbano). En só seis anos, 1960, foi nomeado bispo titular de Cardicium, co que naquela altura foi o bispo máis novo do mundo[3]. A ordenación, por facerse sobre unha diocese virtual, tivo lugar en Astorga, o 3 de maio de 1960[2]. Durante ese bispado titular correspondeulle asistir ao Concilio Vaticano II, ás súas catro sesións, celebradas en Roma entre 1962 e 1965[3].
En 1969 accedeu a un bispado cunha diocese real, a diocese de Magangué (que o papa Paulo VI acababa de crear en Magangué, no norte de Colombia, no departamento de Bolívar). Ocupou a cabeza da diocese durante 25 anos ata que se xubilou o 31 de maio de 1994 por motivos de saúde.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Ao xubilarse retirouse a vivir na súa aldea natal, en Viladequinta, aínda que seguiu misando ocasionalmente[2]. Finou no hospital comarcal de Valdeorras. Ao morrer, Tato foi o derradeiro bispo vivo dos que participaran no Concilio Vaticano II[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fallece el ourensano Eloy Tato Losada, el obispo más longevo del Concilio Vaticano II". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-01-19. Consultado o 2022-01-19.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Lorenzo, Secundino. "Personaxes do pobo de Alberguería. A Veiga. Ourense. D. Eloy Tato Losada 1946-52". Alberguería. Consultado o 2022-01-19.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "A misa funeral polo bispo monseñor Eloy Tato será o venres no Barco". O Sil, periódico en galego de información xeral. 2022-01-19. Consultado o 2022-01-19.