Elsa Fernández
Aparencia
(Redirección desde «Elsa Fernández G.»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1933 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 29 de abril de 1964 (30/31 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Elsa Fernández González, nada en Buenos Aires en 1933 e finada na mesma cidade o 29 de abril de 1964, foi unha escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de emigrantes ourensáns de Entrimo. Dende pequena mostrou vocación musical, estudando piano. Traballou como administrativa no Centro Gallego, onde tratou a Luís Seoane e Eduardo Blanco Amor, co que estableceu unha grande amizade. Colaborou con AGUEA (Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas). Foi presidenta da Asociación Argentina de Hijos de Gallegos e colaborou con Follas Novas-Feira do livro galego.
Obras
[editar | editar a fonte]- Escolma, 1961 (finalista no concurso organizado polo grupo Brais Pinto en 1961.[1]
- Lonxanía, 1965 (libro póstumo).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 20-7-1961, p. 9
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Fernández, Elsa". Enciclopedia Galega Universal 9. Ir Indo. 1999-2002. p. 77. ISBN 84-7680-288-9.
- Alvarellos, Enrique (1993). Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos Editora. p. 94. ISBN 84-85311-96-5.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 144. ISBN 84-7492-465-0.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas. Edicións A Nosa Terra. p. 156. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Neira Vilas, Xosé (1995). Eduardo Blanco-Amor, dende Buenos Aires. Ediciós do Castro.
- Neira Vilas, Xosé (1995). Memoria da emigración II. Ediciós do Castro. pp. 85–91.
- Palmás, Ricardo (2005). "Fernández, Elsa". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 207. ISBN 84-8288-019-5.