Ricardo Palmás
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1940 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 10 de novembro de 1996 (55/56 anos) Londres, Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | sociólogo, xornalista, escritor |
Ricardo Palmás Casal, nado en Buenos Aires en 1940 e finado en Londres o 10 de novembro de 1996, foi un sociólogo, xornalista, escritor e galeguista da Arxentina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de emigrantes galegos no Río da Plata. Estudou Lingua e Literatura portuguesas en Buenos Aires e Socioloxía no Salvador. Desde os quince anos integrouse no movemento galeguista de Buenos Aires e participou no desenvolvemento de AGUEA (Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas) e despois co Asociación Arxentina de Fillos de Galegos onde continuou cos cursos de galego que iniciara Eduardo Blanco Amor entre 1962 e 1966. Despois dun tempo en Galicia, estableceuse en Londres a finais dos anos setenta onde traballou na axencia EFE, pasando despois a París, Brasilia e Lisboa. Colaborou en O Irmandiño. Fixo os prólogos de Cartas a Rosalía e Fernando Iglesias "Tacholas", un actor auriense na Galicia ideal.
Obras
[editar | editar a fonte]- Pelerinaxe (Montevideo, 1965).
- Aportaciós pra unha bibliografía de Castelao (con Xesús Alonso Montero e Epifanio Ramos de Castro) (Ediciós do Castro, 1970).
- Castelao, prosa do exilio (Patronato da Cultura Galega de Montevideo, 1976)
- A emigración galega na Arxentina (Ediciós do Castro, 1978)
Traducións
[editar | editar a fonte]- Vinte poemas galeses (Ediciós do Castro, 1988).
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Los gallegos (Madrid, 1976).
- Eduardo Blanco Amor, desde Buenos Aires (Ediciós do Castro, 1995).
- Tentativas sobre Dieste (Sotelo Blanco, 1995).
- Luis Seoane (1910-1979). Día das Letras Galegas 1994 (Xunta de Galicia, 1994).