Elsa Kelly
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de febreiro de 1939 (85 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Embaixador | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Buenos Aires |
Actividade | |
Ocupación | avogada, xuíza, profesora universitaria, diplomática |
Empregador | Universidade de Buenos Aires |
Partido político | União Cívica Radical (pt) |
Elsa Rosa Diana Kelly, nada en Buenos Aires o 28 de febreiro de 1939, é unha avogada e diplomática arxentina. Entre 2011 e 2020 foi xuíza no Tribunal Internacional do Dereito do Mar, en calidade de experta.[1][2]
Ocupou diversos cargos dentro da diplomacia arxentina. Foi embaixadora ante Italia, Austria e a UNESCO. Ademais, foi representante permanente ante organizacións internacionais en Viena e gobernadora na Xunta de Gobernadores da OIEA.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Elsa Kelly naceu na cidade de Buenos Aires o día 28 de febreiro de 1939.
En 1960, titúlase como avogada da Universidade de Buenos Aires e é bolseira polo programa do Centro de Asuntos Internacionais da Universidade Harvard. Traballou como profesora titular de Dereito Internacional Público.[3]
Entre 1991 e 1995, durante o goberno de Carlos Menem, foi deputada nacional por parte da Unión Cívica Radical.[4] En 1996, foi nomeada constituínte da Cidade de Buenos Aires, novamente representando ao radicalismo.[5]
Actualmente é membro do Consello Arxentino para as Relacións Internacionais (CARI) e da ONG Fundación Nuevos Derechos del Hombre.
Carreira diplomática
[editar | editar a fonte]En 1962 comezou a súa carreira diplomática ao ingresar no Servizo Exterior da Nación. Foi promovida sucesivamente até alcanzar a xerarquía de embaixadora en 1984.
Na Chancelería Arxentina ocupou varios cargos, entre eles: Membro do Consello Superior de Embaixadores, Directora de Relacións Culturais e Directora Xeral de Asuntos Ambientais. Durante o goberno de Raúl Alfonsín, foi nomeada viceministra de Relacións Exteriores.[6]
Entre 1985 e 1989 representou á Arxentina ante a Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, en París. No ano 2000, foi nomeada embaixadora ante a República de Italia, cargo no que permaneceu até o 2003.[7]
Entre 2003 e 2006 foi embaixadora ante Austria. Ademais, nese período, foi representante permanente ante organizacións internacionais en Viena e gobernadora na Xunta de Gobernadores do Organismo Internacional de Enerxía Atómica. Presentou as súas cartas credenciais na Oficina das Nacións Unidas en Viena en maio de 2003.[8] En 2006, o chanceler Jorge Taiana, nomeouna directora de Seguridade Internacional, Asuntos Nucleares e Espaciais da Chancelería arxentina.[9]
En 2010 foi designada pola presidenta Cristina Fernández de Kirchner como coordinadora nacional para o Cume Nuclear Global de Washington. Durante ese ano, o seu nome estivo entre os posibles sucesores de Héctor Timerman á fronte da Embaixada Arxentina nos Estados Unidos, cargo que con todo quedou en mans de Alfredo Chiaradía.[10]
O 1 de outubro de 2011 foi nomeada xuíza do Tribunal Internacional do Dereito do Mar, converténdose na primeira muller entre os vinte e un membros que integran o organismo. Kelly permaneceu no cargo durante un período de nove anos.[11][12]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Elsa Kelly foi condecorada polos gobernos de México, Ecuador e Francia (Palmas Académicas). En 2008, polos seus méritos recibe o Premio Konex na categoría Diplomáticos, entregado pola Fundación Konex.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Internacional Tribunal for the Law of the Sea. "Judge Elsa Kelly" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ "Embajada en Alemania | Jueza Elsa Kelly concluye su mandato en el Tribunal Internacional del Mar". 1 de outubro de 2020.
- ↑ Infobae (8 de xullo de 2010). "Elsa Kelly, cerca de la Embajada argentina en Washington" (en español). Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ "Nómina Oficial de Diputados desde la Organización Nacional". diputados.gov.ar (en castelán). Sitio web de la Cámara de Diputados de la Nación Argentina. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ Clarín (7 de xullo de 2010). "Política Elsa Kelly podría ser la nueva embajadora argentina en Washington" (en español). Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ Perfil (13 de novembro de 2012). "Quién es Elsa Kelly, la esperanza de la Fragata" (en español). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ Clarín (23 de agosto de 2000). "Elsa Kelly, con destino en Roma" (en español). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ "New Permanent Representative of Argentina Presents Credentials". unis.unvienna.org. Oficina de las Naciones Unidas en Viena. 16 de maio de 2003. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ Prensa Argentina (8 de febreiro de 2010). "Designan a Elsa Kelly como coordinadora nacional para la Cumbre Nuclear Global de Washington". prensa.argentina.ar (en español). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2013. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ Redacción (8 de xullo de 2010). "¿Elsa Kelly a Washington?". pagina12.com.ar (en español). Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ Infobae (16 de xuño de 2011). "Una diplomática argentina fue designada en el Tribunal del Mar de la ONU" (en español). Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2011. Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ Infobae Profesional (14 de novembro de 2012). "Quién es Elsa Kelly, la esperanza del Gobierno para recuperar la fragata Libertad" (en español). Consultado o 23 de marzo de 2021.
- ↑ Fundación Konex. "Elsa Kelly" (en español). Consultado o 23 de marzo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elsa Kelly |