Elspeth Huxley
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de xullo de 1907 Londres, Reino Unido |
Morte | 10 de xaneiro de 1997 (89 anos) Tetbury, Reino Unido (pt) |
Educación | Universidade Cornell Universidade de Reading |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, biógrafa, escritora |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Gervas Huxley (1931–) |
Pais | Josceline Grant e Eleanor Grosvenor |
Premios | |
Elspeth Jouceline Huxley, nada o 23 de xullo de 1907 en Londres e finada o 10 de xaneiro de 1997 en Tetbury (Gloucestershire), foi unha escritora, xornalista e oficial colonial británica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada en Londres, chegou en 1912 cos seus pais a Thika, na actual Kenya, para abrir unha plantación de café. En 1925 marcha a Inglaterra e aos Estados Unidos para estudar, aínda que retorna periodicamente cos seus pais. en 1929 converteuse en axudante da oficina de prensa de Empire Marketing Board, en 1932 deixa o seu traballo e viaxa por toda a zona, e publica os seus primeiros libros, entre eles Lord Delamere and the making of Kenya, unha biografía do famoso colono. Formou parte da Comisión para a revisión da Constitución da Federación de Rhodesia, e aínda que comezou avogando polo colonialismo, máis tarde apoiou a independencia dos países africanos.
Escribiu máis de 30 libros, entre eles descatan The Flame Trees of Thika e The Mottled Lizard nos que conta as súas experiencias nos seus primeiros anos en África.