Elvira Espejo Ayca
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1981 (43/44 anos) Avaroa, Bolivia |
Actividade | |
Ocupación | artista, tecelá, poetisa |
Empregador | Museo Nacional de Etnografía e Folclore |
Premios | |
|
Elvira Espejo Ayca, nada en 1981, é unha artista, escritora e tecelá indíxena boliviana e directora do Museo Nacional de Etnografía e Folclore da Paz até 2020. En 2020 foi a gañadora da Medalla Goethe polo seu traballo por mellorar o intercambio cultural entre América do Sur e Europa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ayca naceu no departamento boliviano de Oruro en 1981. Filla dunha nai aimará e dun pai quechua, foi criada na comunidade de Qaqachaka, que se atopa na fronteira entre as áreas lingüísticas aimará e quechua, polo que aprendeu as dúas linguas cando era nena.[1] Foi ao instituto en Challapata onde se sentiu atraída pola pintura.[2] Realizou estudos superiores na cidade da Paz onde estudou na Academia Nacional de Belas Artes Hernando Siles.[1]
Tamén ensinou as "linguas non escritas dos Andes" como parte dun proxecto. A súa primeira ambición foi pintar pero despois de escoitar un haiku xaponés comezou a escribir poesía.[2] Elvira Espejo Ayca escribe poesía en aimará e quechua, que tamén traduce ao castelán.[3]
En 2006, publicou awutuq parla e Phaqar kirki-t ́ikha takiy takiy – Canto a las Flores. Este último é un poemario que gañou o premio ao "mellor poeta internacional" no Festival Mundial de Poesía Venezolana do ano seguinte.[3]
En 2013, converteuse en directora do Museo Nacional de Etnografía e Folclore da Paz. En xuño de 2020, foi despedida bruscamente polo goberno golpista de Jeanine Áñez, o cal provocou protestas en Bolivia e no estranxeiro.[4]
En agosto de 2020, foi unha dos tres activistas culturais, xunto a Ian McEwan e Zukiswa Wanner, que recibiron a medalla Goethe.[5] Ayca foi elixida polo intercambio cultural que fomenta entre Europa e América do Sur. A comisión alemá que concedeu a medalla considerouna unha "auténtica construtora de pontes" culturais.[6]
Exposicións
[editar | editar a fonte]- Principio Potosí (2011) en España, Alemaña e Bolivia.
- Pintisa II, Cochabamba[7]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Con Denise Y. Arnold e Freddy Maidana, Tejiendo la vida. La Colección Textil del Museo Nacional de Etnografía y Folklore, según la cadena productiva[8]
- Con Denise Y. Arnold, A Comparison of War Iconography in the Archaeological Textiles of Paracas-Topará (in Southern Peru) and in the Weavings of Ayllu Qaqachaka (Bolivia)
- Con Denise Y. Arnold, On Drinking Cups and Constellations: Some Relations Between Aymara Astronomical and Textual Practices in Qaqachaka ayllu (Bolivia)
- Con Denise Y. Arnold, "The Andean Science of Weaving Structures and Techniques of Warp-faced Weaves Denise Y. Arnold, Elvira Espejo" (Thames & Huson)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Elvira Espejo Ayca". @GI_weltweit (en inglés). Consultado o 2020-12-27.
- ↑ 2,0 2,1 "Bolivian Express | Bridging Many Worlds". www.bolivianexpress.org. Consultado o 2020-12-27.
- ↑ 3,0 3,1 "Elvira Espejo Ayca". elmuseoreimaginado.com (en inglés). Consultado o 2020-12-27.
- ↑ "Goethe Medal honors 3 outstanding cultural personalities | DW | 28.08.2020". Deutsche Welle (www.dw.com) (en inglés). Deutsche Welle. Consultado o 2020-12-27.
- ↑ "First African Woman to Be Awarded the Goethe Medal: Zukiswa Wanner". Literandra (en inglés). 2020-04-28. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2021. Consultado o 2020-04-29.
- ↑ ""Widerspruch ertragen": Goethe-Medaillen 2020 vergeben". Süddeutsche Zeitung (en alemán). Consultado o 2020-12-27.
- ↑ Espinoza, Santiago (22 de agosto de 2013). "Artista indígena Elvira Espejo inaugura muestra “Pintisa II”". Opinión. Consultado o 12 de marzo de 2018.
- ↑ "Elvira Espejo Ayca's research while affiliated with Museum of Fine Arts and other places".