Elvira Fernández Balboa
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de abril de 1965 (59 anos) Pontevedra, España |
Familia | |
Cónxuxe | Mariano Rajoy (1996–) |
Fillos | Mariano Rajoy Fernández, Juan Rajoy Fernández |
Elvira Fernández Balboa, chamada Viri, nada en Pontevedra en 1965, é unha empresaria galega, famosa por ser a muller de Mariano Rajoy, expresidente do Goberno de España.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O seu pai estivo emigrado en Venezuela e de volta a Galicia montou unha empresa de construción. Fernández Balboa estudou primeiro no Colexio Doroteas, e logo no IES Valle-Inclán, ambos da capital pontevedresa, onde vivían. Os veráns pasábaos en Campañó.
Licenciada en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou a traballar nunha pequena empresa de Lérez como xestora, en 1992. En 1995 trasladouse ao departamento administrativo de Antena 3, e posteriormente comezou a traballar como asesora de dirección en empresas do grupo Telefónica.
Coñeceu a Mariano Rajoy en 1991 en Pontevedra. Mantivo con el unha relación por espazo de cinco anos, ata que casaron polo rito católico o 28 de decembro de 1996 na ermida de San Sebastián, da Toxa. Ten dous fillos, Mariano (nado en 1999) e Juan (nado en 2005).
Predecesor: Sonsoles Espinosa |
Parella do Presidente do Goberno de España 2011 - 2018 |
Sucesor: Begoña Gómez |