Elvira Martínez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1942 O Rosal, España |
Morte | 31 de outubro de 2023 (81 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Buenos Aires |
Actividade | |
Ocupación | pedagoga, escritora |
Elvira Martínez Lorenzo, nada no Rosal o 25 de setembro de 1942 e finada en Vigo o 31 de outubro de 2023,[1] foi unha pedagoga e artista galega, máis coñecida como Elvira M. Villa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Emigrou á Arxentina xunto á súa familia en 1945 vivindo en Buenos Aires ata 1967, ano no que se instala en Vigo onde desenvolverá a súa actividade artística (usando o seu apelido materno), e pedagóxica. En Buenos Aires estudou primaria e secundaria, tomou leccións de pintura frecuentando o taller de Noé Nojechowitz, e practicou Danza española e Ballet Clásico na Escola de Baile do Teatro Colón. Se graduó en 1961 como mestra de Educación Primaria e posteriormente estudou Ciencias Antropolóxicas na Universidade de Buenos Aires[2].
En 1967 viaxa a España para instalarse definitivamente en Vigo onde pronto vaise relacionar con artistas da época como Xavier Pousa, Reimundo Patiño, Laxeiro, Sevillano, Urbano Lugrís, e o matrimonio formado polo arquitecto e pintor Agustín Pérez Bellas e Mercedes Ruibal, frecuentando o bar Eligio.
Dos faladoiros no bar Eligio xorde a súa colaboración con Xavier Pousa como coordinadora xunto ao pintor de Goián das exposicións da Estampa Popular Galega cuxos principais organizadores foron o propio Pousa e Reimundo Patiño[3].
Con Xavier Pousa coordinou as exposicións da EPG que tiveron lugar en Monforte de Lemos (Círculo Victoria), Vigo (Bar Eligio) A Garda (Colexio Pais Somascos) e Tui (Bar restaurante Galicia)[4]. Esta última que tivo lugar en setembro de 1968, e onde se expuxeron gravados de Reimundo Patiño, Lodeiro, Sevillano, Barreiro, Beatriz Rey, Alfonso Gallego Villa, Pedro Agrelo, Vázquez Diéguez, Xulio Maside, Laxeiro, e tamén dos organizadores Pousa e Elvira M., foi clausurada por “inxurias á Nación, ao Exército e á Garda Civil” e Elvira foi detida xunto con Xavier Pousa[5].
Desde ese momento abandona a Estampa Popular, o grupo cesou a súa actividade en Galiza, se fixeron dúas exposicións máis en Montevideo promovidas por Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane, aínda que se desfixo definitivamente en 1970[6].
Individualmente expuxo tamén en 1968 no Ateneo de Pontevedra, e participou na colectiva da Praza da Princesa de Vigo nos anos 1968[7], 1969[8] e 1971[9].
A partir do cesamento da actividade da Estampa Popular dedícase exclusivamente á educación tanto na aula como á formación do profesorado, colaborando en ICES de diferentes universidades de todo o país e escolas de verán.
Aínda que nunca abandonou o seu compromiso político e social, formou parte do nacemento do feminismo organizado en Galiza a partir de 1976, coa fundación da Asociación Democrática da muller Galega “Concepción Arenal”[2].
Consultora do Ministerio de Educación e Ciencia desde 1980 confeccionou os programas renovados de Expresión Plástica nos ciclos medio e superior en 1981 e 1982, respectivamente. Foi profesora de Expresión Plástica do Programa de especialización do profesorado de EGB na UNED e co-autora das Unidades Didácticas do Programa Nacional de Educación da UNED.
Profesora de formación permanente do profesorado de EGB na Universidade de Santiago de Compostela, profesora do equipo de Reforma de Formación do Profesorado da Conselleria de Educación da Xunta de Galicia, profesora adxunta da Escola de Maxisterio da Universidade de Vigo e docente de Expresión Plástica na Escola Rosalía de Castro de Vigo[2] (fundada en 1961 por Antía Cal) durante case 40 anos. Polas súas clases pasaron nenos de 3 a 16 anos, e a súa enorme aula de expresión plástica leva hoxe o seu nome. Como moitos outros docentes do centro, foi unha peza fundamental para facer de “O Rosalía” unha escola innovadora e un referente de educación progresista, laica, mixta e igualitaria.
Foi Colaboradora habitual de revísta Cudernos de Pedagogía é autora de libros sobre educación da Expresión Plástica en editoriais especializadas como Cincel-Kapelusz, Alameda, Planeta e Irindo[10].
Sempre interesada pola escritura, desde moza, especialmente pola poesía, publicou o seu primeiro conto en 1965 no diario marplatense A Capital titulado “El Entierro”.
Aínda que a súa actividade como pedagoga afastouna desa gran paixón recuperouna tras a xubilación e algúns dos seus poemas foron publicados en Cuadernos de profesores poetas del IES Francisco Giner de los Ríos de Segovia y en la Antología Atlas poético de Viajeras del Siglo XXI de la editorial cuadernos del Laberinto, 2013. A súa última mostra de pintura individual tivo lugar na Casa do Libro de Vigo en mayo de 2013.
Obra
[editar | editar a fonte]Pedagoxía
[editar | editar a fonte]- El origen de la Expresión en niños de 3 a 6 años. Madrid: Editorial Cincel-Kapelusz, 1980. 168 p. Xunto con Juan Delgado.
- La afirmación de la expresión en niños de 6 a 8 años. Madrid: Cincel-Kapelusz. 1982. 168 p. Xunto con Juan Delgado.
- El collage Técnicas y Medios de Expresión Plástica, Madrid: Editorial Alameda. Papeles de Acción Educativa. 1988. 120 p. Xunto con Juan Delgado.
- La arcilla. Técnicas y Medios de Expresión Plástica. Madrid: Editorial Alameda. Papeles de Acción Educativa. 1989. 156 p. Xunto con Juan Delgado.
- A expresión plástica na aula, Vigo: Editorial Ir Indo. 1992. 198 p. Xunto con Juan Delgado e Adela Leiro.
- Visitas didácticas al Museo Municipal Quiñones de León de Vigo. Vigo: Concellalia de Cultura do Concello de VIGO y Museo Municipal Quiñones de León de Vigo. 1992. Xunto con Juan Delgado.
- La educación artística un adorno del sistema escolar. El Pais, 8 de marzo de 1983. Xunto con Juan Delgado.
Poesía
[editar | editar a fonte]- "Letras para tus imágenes". En Beato: presencia de tiempos: [exposición] Museo de Santa Cruz, Toledo, julio-septiembre de 2009, págs. 97-116.
- Las alas de ángel; debuxos, Mon Daporta Padín, Cambados. Ed. Adela Leiro, 2019, 72 p.
- Los disfraces de Clara, ArtGersut. 2014. 47 p.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Adela Leiro (7 de novembro de 2023). "Foise Elvira, mestra e artista comprometida". Nós Diario.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Do Val, Marga (2024). "Unha Estampa Con Elvira Martínez Villa" en A Exposición Secuestrada. Estampa Popular Galega (Tui 1968). Cat. Exp. Concello de Tui.
- ↑ Haro Garcia, Noemi de (2010). Grabadores contra el franquismo. Biblioteca de historia del arte. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. ISBN 978-84-00-09253-5.
- ↑ Acuña Rodríguez, Xosé Enrique (2024). A Exposición Secuestrada. Estampa Popular Galega (TUI 1968). Cat. Exp. Concello de Tui.
- ↑ Haro Garcia, Noemi de (2010). Grabadores contra el franquismo. Biblioteca de historia del arte. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. ISBN 978-84-00-09253-5.
- ↑ Haro Garcia, Noemi de (2010). Grabadores contra el franquismo. Biblioteca de historia del arte. Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. ISBN 978-84-00-09253-5.
- ↑ VV. AA, Primera exposición de arte al aire libre, grupo vigués, [Catálogo da exposición], Vigo, Exmo. Ayuntamiento de Vigo, 1968. 12 p.
- ↑ VV. AA, Segunda exposición de arte al aire libre, grupo vigués, [Catálogo da exposición], Vigo, Exmo. Ayuntamiento de Vigo, 1969. 12 p.
- ↑ VV. AA, Cuarta exposición de arte al aire libre, grupo vigués, [Catálogo da exposición], Vigo, Exmo. Ayuntamiento de Vigo, 1971. 12 p.
- ↑ Leiro, Adela ((7 de novembro de 2023)). ""Foise Elvira, mestra e artista comprometida"". Nós Diario.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- [1] Obra de Elvira M. Villa e outros gravadores da Estampa Popular Galega no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.