Saltar ao contido

Emanuel Bouzon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmanuel Bouzon
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1933 Editar o valor en Wikidata
Manaus, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte2006 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificio Instituto Bíblico
Pontificia Universidade Católica de Río de Xaneiro
Pontificia Universidade Gregoriana
Universidade de Münster Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorPontificia Universidade Católica de Río de Xaneiro Editar o valor en Wikidata

Manuel Bouzón, coñecido como Emanuel Bouzon, nado o 8 de xaneiro de 1933 en Manaus e finado en 2006, foi un sacerdote católico, asiriólogo e especialista no Antigo Testamento brasileiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de inmigrantes galegos, graduouse en 1954 en Filosofía pola Pontificia Universidade Católica do Río de Xaneiro, PUC-RJ, graduouse tamén en Teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana (Italia) en 1958. Especializouse en 1964 en Asirioloxía e Historia Antiga pola Westfälische Wilhelms Universität Münster, Alemaña.

No ano 1960 remata o mestrado en Historia Antiga Oriental, no Pontificio Instituto Bíblico, Italia, coa disertación As Corporações Proféticas no Antigo Israel, baixo a dirección de Ernst Vogt. Na mesma institución doutorouse, en 1969, coa tese: Die Prophetenkorporationen in Israel und im Alten Orient, tamén baixo dirección de Ernst Vogt.

Entre os numerosos traballos e traducións destaca a tradución do Código de Hammurabi para a lingua portuguesa. Ao falecer Bouzon finalizaba a tradución da epopea de Gilgamesh.

Era profesor do Departamento de Teoloxía da PUC-Río e tamén daba clases no Departamento de Historia da mesma Universidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]