Emilio Atrio
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de abril de 1932 ![]() Ourense, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado ![]() |
Emilio Atrio Abad, nado en Ourense o 18 de abril de 1932[1] é un avogado galego, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1954, seis anos despois abre un despacho na súa cidade natal. Decano do colexio de avogados de Ourense entre 1985 e 1995, foi membro do Xurado Provincial de Montes e do Comité de Disciplina Deportiva da Xunta de Galicia e en varias ocasións da xunta electoral provincial. Dende 2003 é presidente do Consello Social da Universidade de Vigo e ademais membro dende 2005 da executiva española de consellos sociais de universidades .
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort.
- Medalla de Prata de Galicia en 2005.
Notas
- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Atrio Abad, Emilio". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 46. ISBN 84-8064-113-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Atrio Abad, Emilio". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 46-47. ISBN 84-8064-113-4.