Saltar ao contido

Emilio Durán Ojea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmilio Durán Ojea
Biografía
Nacemento1899 Editar o valor en Wikidata
Ribas de Sil, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncarpinteiro, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 17643

Emilio Durán Ojea, nado en Ribas de Sil cara a 1899, foi un carpinteiro e político socialista galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Vogal e vicepresidente da Agrupación Socialista Agraria de San Clodio, que a partir de marzo de 1933 pasou a denominarse Agrupación Socialista Obrera de Oficios Varios Fraternidad y Trabajo, da que foi presidente. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido o 6 de outubro, permanecendo do cárcere de Monforte de Lemos ata o 10 de decembro.[1] Foi delegado da Casa del Pueblo de San Clodio con Marcelino Fernández Prada no Congreso da Federación Provincial de Colectividades Socialistas en abril de 1936,[2] e participou e en mitins socialistas como o de Vilar de Lor en maio de 1936.[3]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado na casa da súa sogra en San Román ata que se presentou ás autoridades franquista en febreiro de 1940. Ingresou na prisión de Lugo o 13 de abril de 1940 para dilixencias previas, que foron arquivadas e saíu en liberdade o 10 de agosto.[4] Foi expedientado por responsabilidades políticas.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Ángela Casar González e foi pai de cinco fillos.

  1. Expediente procesual de Emilio Durán Ojea
  2. La Voz de Galicia, 24-4-1936, p. 9.
  3. El Pueblo Gallego, 23-5-1936, p. 14.
  4. Expediente procesual de Emilio Durán Ojea
  5. BOP Lugo, 7-2-1942, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]