Emilio Pereiro
Nome orixinal | Emilio Pereiro Rey |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1908 A Coruña, España |
Morte | 2 de novembro de 1993 (84/85 anos) |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Dianteiro |
Emilio Pereiro Rey, nado na Coruña en 1908 e finado o 2 de novembro de 1993, foi un futbolista galego, que xogaba de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xogou no Stadium Coruñés ata 1924, cando fichou polo Deportivo da Coruña. Debutou co club coruñés con só 16 anos, nun partido amigable contra o Dundee F.C. escocés no campo de Riazor, que rematou con empate a tres goles.[1] Ese mesmo ano disputou o primeiro derbi co Celta de Vigo da historia, anotando dous dos tres goles coruñeses.[2] Gañou co Deportivo os Campionatos de Galicia de 1926/27 e 1927/28.
En 1926 debutou na Copa de España e no seu segundo encontro marcou un triplete no histórico 9-0 contra o Fortuna de Xixón. Na Copa de 1928 anotou un triplete contra o Celta, ao que lle marcou outros tres goles nun partido amigable ese mesmo verán. Ao longo da súa carreira no Deportivo, fíxolle 15 goles ao Celta, o que o coloca como o cuarto máximo goleador da historia dos derbis, superado só por Nolete, Chacho e Ramón Polo.
Retirouse en 1929, con só 21 anos, asegurando que nunca máis volvería pisar un campo de fútbol.[3] Faleceu o 2 de novembro de 1993.[4]
Familia
[editar | editar a fonte]Casou en 1930 con María de los Ángeles Precedo González,[5] coa que tivo dúas fillas. Foi tío do adestrador e tamén futbolista Luis Precedo, que xogou entre outros no Fabril.[6] Era cuñado do histórico futbolista do Deportivo Ramón González, pois este estaba casado coa súa irmá, María Pereiro Rey.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Deportivo da Coruña
- Campionato de Galicia (2): 1926/27, 1927/28.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Notas de Sport". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de xuño de 1924. p. 2.
- ↑ "Brillante victoria del Deportivo". El Ideal Gallego (en castelán). 11 de novembro de 1924. p. 8. Consultado o 5 de xaneiro de 2020.
- ↑ "¿Se van Otero y Ramón?". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xaneiro de 1930. p. 13.
- ↑ "Obituario". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de novembro de 1993. p. 71.
- ↑ "Registro civil". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de maio de 1930. p. 4.
- ↑ "Murió Luis Precedo". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de maio de 1975. p. 28.