Emilio Quiroga Losada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1894 Pontevedra, España |
Morte | 19 de outubro de 1974 (80 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Irmáns | Manuel Quiroga Losada |
Emilio Quiroga Losada, nado en Pontevedra o 9 de xaneiro de 1894 e finado na mesma cidade o 19 de outubro de 1974, foi un arquitecto galego que traballou na súa vila natal e en Galicia.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fillo de José Quiroga Hermida e de Pilar Losada Vázquez. Tivo catro irmáns, entre os que destacou o famoso violinista Manuel Quiroga Losada.[1][2]
Estudou arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, na que terminou a carreira en xuño de 1931. Ese ano volveu a Pontevedra, cidade na que obtivo por concurso o posto de arquitecto municipal que estaba sen ocupar e na que formou parte da Comisión Provincial de Monumentos co arquitecto Juan Argenti Navajas.[1][3]
Na súa primeira etapa profesional realizou múltiples obras en Pontevedra. En 1932 reformou os antigos aseos públicos subterráneos anexos á Casa consistorial de Pontevedra na Praza de España. En 1934 deseñou o edificio da Xunta de Protección de Menores na estrada de Vigo.[1]
En 1943 deseñou a casa de Valentín Muiños, edificio sito fronte a Villa Pilar e facendo esquina entre as rúas Xeneral Gutiérrez Mellado e Marqués de Riestra, que foi no seu momento o máis alto da cidade.[1][4]
Entre os edificios singulares nos que deixou a súa pegada en Pontevedra, proxectou o edificio da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra inaugurado en 1948 e en 1945 o novo edificio do Mercado de Abastos de Pontevedra no centro histórico da cidade.[1][5][6][7][8]
En 1965 construíu xunto cos arquitectos Ramón Vázquez Molezún e José de Mata Gorostiaga o edificio sede do Banco do Noroeste na cidade da Coruña.[1][9]
Deseñou outros edificios na provincia de Pontevedra como o Cine Lalín en 1960 en Lalín, un dos edificios destacados da arquitectura cinematográfica galega, con estética funcional e racionalista.[10][11][12]
Ademais de arquitecto era un apaixonado do violoncelo, que tocaba na Orquestra de Cámara de Pontevedra e foi membro activo da Sociedade Filharmónica de Pontevedra, cidade na que tamén foi membro do padroado do Museo de Pontevedra.[1]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Sede da antiga Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra
-
Sede do antigo Banco do Noroeste na Coruña
-
Rúa Xeneral Gutiérrez Mellado en Pontevedra co edificio de 1943 para Valentín Muiños á esquerda en primeiro plano
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Emilio Quiroga, el "arquitecto municipal"". Diario de Pontevedra (en castelán). 28 de abril de 2024.
- ↑ "El violín de Quiroga vuelve a sonar". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de novembro de 2011.
- ↑ "Ni común, ni sentido". Faro (en castelán). 15 de xuño de 2022.
- ↑ "La casa de Valentín Muiños". Faro (en castelán). 17 de outubro de 2021.
- ↑ "Una total reconversión del antiguo inmueble, fruto de tres fases de construcción". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xullo de 2006.
- ↑ "La desconocida capilla de San José". Diario de Pontevedra (en castelán). 14 de marzo de 2021.
- ↑ "La sede que la Caja no inauguró nunca". Faro (en castelán). 3 de marzo de 2013.
- ↑ "Una total reconversión del antiguo inmueble, fruto de tres fases de construcción". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xullo de 2006.
- ↑ "Inmuebles catalogados gracias a estar ubicados en la ruta de peregrinaje". La Opinión A Coruña (en castelán). 27 de novembro de 2016.
- ↑ "El Cine Lalín carece en el Plan Xeral de protección especial". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de outubro de 2013.
- ↑ "En busca de comprador con capital para parte de la historia de Lalín". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de maio de 2018.
- ↑ "Aquellos maravillosos cines". Faro (en castelán). 23 de maio de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Emilio Quiroga Losada |