Saltar ao contido

Emma Valcarce Pestaña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEmma Valcarce Pestaña
Biografía
Nacemento1927 Editar o valor en Wikidata (97/98 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Mondoñedo
1987 – 1995 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutica, política, mestra Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosLuís Rego Valcarce Editar o valor en Wikidata

Emma Pilar Valcarce Pestaña, nada en Lugo en 1927, é unha farmacéutica e política galega do PPdeG.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, estudou tamén maxisterio e exerceu como mestra no Courel. Dende 1968 rexentou unha farmacia en Mondoñedo. Foi profesora do Instituto de Mondoñedo. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular que obtivo cinco concelleiros e foi elixida alcaldesa de Mondoñedo. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e foi reelixida alcaldesa con maioría absoluta. Continuou como alcaldesa ata 1995, cando non optou á reelección. Formou parte da Asociación Amigos de la Ciudad de Mondoñedo.


Predecesor:
Armando González Álvarez
 
Alcaldesa de Mondoñedo
 
1987 - 1995
Sucesor:
Javier Loira Rúa

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Hermes Rego Martínez e foi nai de seis fillos, Hermes, Emma Pilar, José Ramón, María Isabel, María Fernanda e Luís Rego Valcarce.

  1. La Voz de Galicia, 27-2-2014, p. L6.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]