Empirismo radical
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/22/Wm_james.jpg/220px-Wm_james.jpg)
O empirismo radical é unha doutrina pragmática exposta por William James que afirma que a experiencia inclúe tanto os datos como as relacións entre os particulares, e que polo tanto os dous merecen un lugar nas nosas explicacións. En termos concretos: calquera visión do mundo filosófico será errada se se detén no nivel físico e non explica como o significado, valores e a intencionalidade poden xurdir diso.