Enchelycore
Enchelycore | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Enchelycore pardalis | |||||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||||
|
Enchelycore é un xénero de peixes angüiliformes da familia dos murénidos.[2]
Características
[editar | editar a fonte]As especies do xénero Enchelycore son moreas xeralmente pequemas ou medianas. O seu corpo é alongado, xeralmente de cor parda, gris o negra e branca. A maioría teñen un tamaño que varía entre os 61 e os 91 cm, sendo a máis grande Enchelycore ramosa, que alcanza unha lonxitude media de 150 cm.[3]
Os membros do xénero caracterízanse por teren un carácter distintivo, as súas mandíbulas están curvadas, o que lles impide pechar completamente a boca, pero lles axuda na captura e suxeición das súas presas.
Algunhas especies presentan cores moi brillantes (E. pardalis, E. anatina) e marcas rechamantes (E. lichenosa).
Distribución
[editar | editar a fonte]Están presentes en todos os océanos do mundo.[3]
Especies
[editar | editar a fonte]Recoñécense xeralmente 13 especies neste xénero:[2][3]
- Enchelycore anatina (R. T. Lowe, 1838) − morea serpente [4]
- Enchelycore bayeri (L. P. Schultz]], 1953)
- Enchelycore bikiniensis (L. P. Schultz, 1953)
- Enchelycore carychroa J. E. Böhlke & E. B. Böhlke, 1976
- Enchelycore kamara J. E. Böhlke & E. B. Böhlke, 1980
- Enchelycore lichenosa (D. S. Jordan & Snyder, 1901)
- Enchelycore nigricans (Bonnaterre, 1788) − morea negra [4]
- Enchelycore nycturanus D. G. Smith, 2002
- Enchelycore octaviana (G. S. Myers & Wade, 1941)
- Enchelycore pardalis (Temminck & Schlegel, 1846)
- Enchelycore ramosa (Griffin, 1926)
- Enchelycore schismatorhynchus (Bleeker, 1853)
- Enchelycore tamarae Prokofiev, 2005
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Enchelycore |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8,
- McCosker, John F., Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. (1998): Encyclopedia of Fishes. San Diego, EE.UU.: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. New Yorh: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.