Enciclopedia de aperturas de xadrez
Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2022.) |
- Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
A Enciclopedia de aperturas de xadrez (tamén coñecida polas súas siglas en inglés: ECO) é unha obra de referencia, que apareceu primeiro como unha publicación en cinco volumes que se publicou en Serbia entre 1974 e 1979, que aborda sistematicamente as aperturas de xadrez. As xogadas foron seleccionadas entre millóns de partidas entre mestres e das análises publicadas no Informador de Xadrez desde 1966, compilados por notables xogadores de xadrez. Tanto a enciclopedia como a revista publícaos a compañía serbia (antes iugoslava) Šahovski informator, con sede en Belgrado.
En lugar dos nomes tradicionais das aperturas, a enciclopedia desenvolveu un sistema para codificalas, que se converteu nun estándar utilizado por moitas outras publicacións. Existen 5 categorías principais (A-E), cada unha das cales se divide en 100 subcategorías.
Principais códigos ECO
[editar | editar a fonte]Véxase a lista de aperturas de xadrez para mais detalles completos
A
[editar | editar a fonte]- Aperturas irregulares: Cando os primeiros pasos das pezas brancas son distintos de 1.e4, 1.d4: (A00-A39).
- Respostas atípicas a 1.d4: 1...sin 1 ...d5, 1... Cf6: (A40-A44)
- Respostas atípicas a 1...Cf6: 1. d4 Cf6 2. sin 2. c4: (A45-A49)
- Sistemas indios atípicos: 1.d4 Cf6 2. c4 sin 2... e6, 2... g6: (A50-A79)
- Defensa holandesa 1.d4 f5: (A80-A99)
- Apertura Inglesa:1. c4 g6
- Apertura Bird: 1.f4
B
[editar | editar a fonte]- A maior parte das defensas semiabiertas: 1.e4 R' 1... e5, 1... e6, 1... c5, 1...d5, 1...c6.
- Defensa Escandinava: 1. e4 d5 2. exd5.
- Defensa Alekhine: 1.e4 Cf6.
- Defensa Pirc: 1.e4 d6.
- Defensa moderna: 1.e4 g6.
- Defensa Caro-Kann: 1.e4 2.c6
- Defensa Siciliana: 1.e4 c5.
C
[editar | editar a fonte]- Defensa francesa: 1.e4 e6.
- Aperturas de peón de rei: 1.e4 e5:.(Apertura italiana, Apertura española, Apertura Vienesa, Apertura de alfil...)
D
[editar | editar a fonte]- Aperturas de peón de dama: 1.d4 d5.(Gambito de dama, Apertura Veresov,...)
- Defensa Grunfeld: 1.d4 Cf6 2. c4 g6 d7-d5:
E
[editar | editar a fonte]- Sistemas indios con ...e6: 1.d4 Cf6 2. c4 e6:
- Sistemas indios con ...g6 (excepto a defensa Grunfeld): 1.d4 Cf6 2. c4 g6 ' d7-d5:
- Apertura Catalá: 1. d4 Cf6 2 c4 e6 3 g3