Encoro de Cachamuíña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2019.) |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Tipo | encoro | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | O Pereiro de Aguiar, España | |||
| ||||
Efluente do lago | río Lonia | |||
O encoro de Cachamuíña está situado no Pereiro de Aguiar na provincia de Ourense. Foi finalizado en 1954 e pertence ao río Lonia.
Características
[editar | editar a fonte]Os seus arredores están adaptados como lugar de entretemento e lecer. Está rodeado por camiños de area polos cales se pode pasear, correr ou andar en bicicleta. É habitual observar a xente pescando xa que está permitido. En cambio si que está prohibido o baño e os cans deben ir atados; o incumprimento destas normas podería causar unha multa. Actualmente utilízase a súa auga para o abastecemento. Presenta un volume de encoro de 2 hm3 e unha superficie de 27 ha, aínda que o seu caudal varía segundo a época do ano na que nos atopemos. Nalgún verán houbo épocas de seca, debido ás baixas precipitacións. Cando sucede isto pechan as comportas e axúdanse da auga do río Miño para que esta poida chegar a todas as casas.
Biodiversidade
[editar | editar a fonte]No encoro habitan distintas especies, tanto nas súas augas como nos seus arredores. Moitas atópanse en perigo de extinción, por iso hai que respectar o medio no que viven, coidalo e mantelo limpo. Entre os animais existentes están a carpa, a píntega, a boga do Douro, o martiño peixeiro, a ra verde ou o parrulo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- El embalse de Cachamuíña, invadido por cianobacterias La Región, 12 de setembro de 2017.
- Día de capturas en Cachamuíña La Región, 21 de abril de 2019.
- Intensos días de cuidado del entorno La Región, 3 de abril de 2019.
- Páxina web do concello de Pereiro de Aguiar