Encoro de Sau
Tipo | encoro | |||
---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Collsacabra (en) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Vilanova de Sau, España | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Efluente do lago | Río Ter | |||
Conca hidrográfica | conca do Ter | |||
Represado por | Sau Dam (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 422,2 m | |||
Superficie | 527,8 ha | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 1.522 km² | |||
Medicións | ||||
Volume físico | 151,3 hm³ | |||
O encoro de Sau (en catalán: pantà de Sau) é un encoro que pertence ao río Ter, creado por unha presa situada no concello de Vilanova de Sau, en Cataluña. Atópase aos pés do macizo das Guilleries, estendéndose polos termos municipais de Vilanova de Sau, Les Masies de Roda, Tavertet e L'Esquirol, na comarca de Osona, provincia de Barcelona.
Xuntamente cos de Susqueda e do Pasteral, forma parte dun sistema de tres encoros que unen a comarca de Osona coa da Selva, xa na provincia de Xirona.
O encoro, inaugurado en 1962, cubriu a localidade de Sant Romà e os seus restos, especialmente o campanario da igrexa románica do século XI, son visibles cando o nivel de auga é baixo.
Ten unha lonxitude de 17 km e 3 km de largo, cunha capacidade máxima de 151,3 hm³. Permítese nel a práctica de deportes náuticos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Encoro de Sau |