Encoro de Vilasouto
Tipo | encoro | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | O Incio, España | |||
| ||||
Efluente do lago | río Mao | |||
O encoro de Vilasouto é un pantano artificial situado no concello do Incio, na provincia de Lugo, entre as parroquias de Vilasouto, Eirexalba e Goó, que forma parte da conca do río Mao. Ten unha capacidade máxima de 21 hm³ e ocupa unha extensión de 111 ha, cunhas dimensións de 2 km de longo e 1,5 km de ancho, aproximadamente.
Construíuse en 1969, coa intención de solucionar os problemas de abastecemento de auga de boa parte da Terra de Lemos, mediante o regadío do Val de Lemos. O encoro anegou terras e vivendas, afectando sobre todo ás parroquias de Vilasouto, Eirexalba e Goó, sendo os núcleos do Barreal, A Illeira e Outeiro os máis afectados. O encoro tamén asolagou na paraxe coñecida como Agro do Pepe rochas con petróglifos que quedan mergulladas durante as épocas de intensas choivas. Tamén quedou en desuso a antiga igrexa de San Mamede de Vilasouto, construíndose unha nova no centro da vila actual.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Estado actual do encoro de Vilasouto (en castelán)
- Galería de Imaxes do Encoro na páxina do concello
- Ruta turística do Encoro de Vilasouto (en galego)