Encyclopedia Titanica
A Encyclopedia Titanica é unha páxina web en liña que contén extensa información -e constantemente actualizada- sobre o transatlántico británico RMS Titanic e o seu afundimento en 1912. O sitio web, unha organización sen ánimo de lucro, é unha base de datos de pasaxeiros e biografías da tripulación, planos de cuberta, e outros artigos entregados por historiadores ou entusiastas sobre o Titanic. En 1999, o xornal The New York Times notou que o sitio "pode ser o sitio web máis extenso sobre o Titanic", baseado no seu contido.[1] O Chicago Tribune chamouno "un sitio de Internet marabillosamente detallado."[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A Encyclopedia Titanica foi fundada por Philip Hind. O sitio web púxose en liña en setembro de 1996. En marzo de 1999, o sitio web recibira máis de 600.000 visitas. É actualmente o recurso máis renomeado e vasto con información sobre o Titanic.
Contido
[editar | editar a fonte]Encyclopedia Titanica contén unha elevada gama de información sobre o barco, os seus pasaxeiros e unha variedade de temas relacionados. Cada pasaxeiro e membro da tripulación ten unha páxina separada que contén polo menos unha base acerca dos seus datos biográficos, e moitos deles conteñen detalladas biografías, fotografías e artigos contemporáneos. O sitio tamén contén investigacións orixinais a cargo de profesionais e historiadores amateur entusiastas do Titanic, de todas as partes do mundo. Encyclopedia Titanica tamén contén un foro de debate activo con máis de 11.700 membros (en novembro de 2012) e 300.000 mensaxes. Entre os temas de discusión no foro de debate atópanse os seguintes:
- Investigacións sobre os pasaxeiros
- Asignación dos camarotes
- Teorías acerca da colisión e o afundimento
- Investigacións acerca da tripulación
- Descubrimento, rescate de restos e exploración do barco
- A época eduardiana
- Vida a bordo
- Vítimas e sobreviventes
- Barcos que puideron estar nas proximidades do naufraxio
- Construción e deseño
- O Titanic na arte, fotografía e música
- O Titanic en libros
- O Titanic en películas
- O Titanic na televisión
- Outros barcos e naufraxios
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rick Archbold (8 de abril de 1999). "The Titanic's Mystique in Digital Packages". The New York Times. Consultado o 25 de abril de 2013.
Encyclopedia Titanica: This may be the most comprehensive Titanic site, with passenger lists, ship plans and video. ...
- ↑ Lynn Voedisch (12 de marzo de 1998). "Searching Out A Tragedy's Victims And Survivors". Daily Tribune. Consultado o 25 de abril de 2013.
One place to research the lives of those who sailed on the Titanic is Encyclopedia Titanica (www.rmplc.co.uk/eduweb/sites/phind/), a marvelously detailed Internet site.
[Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Encyclopedia Titanica (en inglés).