Enerxía xeotérmica
Enerxías renovables |
---|
Biodiésel Biomasa Enerxía xeotérmica Enerxía hidráulica Enerxía solar Enerxía mareomotriz Enerxía undimotriz Enerxía eólica |
A enerxía xeotérmica é a enerxía que se atopa no interior da terra en forma de calor, como resultado da desintegración dos elementos radioactivos e da calor permanente que se orixinou nos primeiros momentos da formación do planeta.
A enerxía xeotérmnica manifestase por medio de procesos xeolóxicos como volcáns, géyseres e fontes termais.
O vapor producido por líquidos quentes naturais en sistemas xeotérmicos é unha alternativa ao que se obten en plantas de enerxía que queiman materia fósil, utilizan a fisión nuclear, ou outros medios.
As perforacións mais modernas nos sistemas xeotérmicos alcanzan reservas de auga e vapor, quentados por magma moito máis profundo, que se atopa ata os 3.000 metros baixo o nivel do mar. O vapor purificase na boca do pozo antes de ser transportado en tubos grandes e illados cara ás turbinas.
Vantaxes e inconvenientes
[editar | editar a fonte]Vantaxes
[editar | editar a fonte]- É unha fonte de enerxía que evitaria a dependencia da enerxía do exterior
- Os residuos que produce son mínimos, tendo un baixo impacto ambiental a diferenza doutros tipos de enexía.
- O fluxo de produción de enerxía é constante ao longo do ano.
- Non depende das variacions estacionais como a chuvia, os caudais dos ríos etc. É o complemento ideal para as plantas hidroeléctricas.
Inconvenientes
[editar | editar a fonte]- Emite ácido sufhídrico, que é detectado polo cheiro a ovos podres, pero que en grandes cantidades non se percibe e é letal.
- Emite CO2, co que aumenta o efecto invernadoiro.
- Contamina as augas próximas con substancias como arsénico, amoníaco etc.
- Produce contaminación térmica.
- Non se pode transportar
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enerxía xeotérmica |