Engelmar Hubert Unzeitig
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1911 ![]() Hradec nad Svitavou, República Checa (pt) ![]() ![]() |
Morte | 2 de marzo de 1945 ![]() Campo de concentración de Dachau, Alemaña nazi ![]() |
Causa da morte | Tifo ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | teólogo, sacerdote católico ![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 2 de marzo ![]() |
![]() ![]() |
Engelmar Hubert Unzeitig, nado o 1 de marzo de 1911 en Greifendorf e finado o 2 de marzo de 1945 en Dachau, foi un sacerdote alemán reprimido polos nazis.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entrou na Orde dos Misioneiros de Mariahill. Estudou teoloxía e filosofía en Wurtzbourg. Exerceu como párroco en Bohemia. En abril de 1941 foi detido pola Gestapo pola súa oposición ao réxime nacionalsocialista e a persecución aos xudeus. Foi enviado ao campo de concentración de Dachau. Alí adicouse á atención aos doentes. Cara ao final da segunda guerra mundial foi advertido do perigo de atender aos prisioneiros rusos debido a unha mortífera epidemia de tifo. Sen atender a tales advertencias desenvolveu un labor de coidado dese colectivo ata que morreu infectado pouco antes da liberación do campo.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Schauber-Schlinder, Bildlexicon Der Heiligen, 1999