Engracia Vérez Puentes
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de maio de 1901 ![]() Lousada, España ![]() |
Morte | 12 de maio de 1983 ![]() Vilalba, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestra ![]() |
![]() |
Engracia Vérez Puentes, nada en Lousada (Xermade) o 23 de maio de 1901[1] en finada en Vilalba o 12 de maio de 1983,[2] foi unha mestra e escritora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou en Vilalba e na Coruña ata acadar o título de mestra de primeira ensinanza en 1919. Despois dunha breve estancia en Cabreiros, xa casada con Jenaro Carreira Penalonga, foi destinada a Vilarrube, onde residiu preto de sete anos, ata 1933, data do seu traslado a Vilalba. En Vilarrube naceron sete dos seus oito fillos (dous deles finaron na nenez). Na vella escola graduada de Vilalba exerceu a súa profesión durante 32 anos. Logo da súa xubilación e a do seu home dedicouse a viaxar. Os trazos predominantes na súa obra son a descontinuidade e o forzoso autodidactismo, o carácter pouco actual e a privacidade en que a mantivo. Non fixo esforzo ningún por publicar ata moi tarde, se se exclúen algúns poemas aparecidos entre 1955 e 1956 na revista Arquero de Barcelona. Non obtivo éxito cos editores galegos cos que contactou.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Primer escalafón de maestras de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 18.
- ↑ La Voz de Galicia, 14-5-1983, p. 82.