Saltar ao contido

Enrique Gómez Jiménez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEnrique Gómez Jiménez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1889 Editar o valor en Wikidata
Provincia de Villa Clara, Cuba Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Presidente do Deportivo da Coruña
30 de maio de 1950 – 29 de xaneiro de 1952
Deputado nas Cortes republicanas

29 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Lugo
Deputado nas Cortes republicanas
2 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Lugo
Deputado nas Cortes republicanas
21 de setembro de 1931 – 9 de outubro de 1933
← José Lladó Vallés

Circunscrición electoral: Lugo
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, enxeñeiro de camiños Editar o valor en Wikidata

Enrique Gómez Jiménez, nado en Santa Clara (Cuba) o 29 de maio de 1889, foi un enxeñeiro e político galego. Foi o 25º presidente do Deportivo da Coruña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de galegos de Becerreá emigrados en Cuba.[1] Traballou como enxeñeiro de camiños na Xefatura de Obras Públicas de Lugo. Nas Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Lugo pola Derecha Liberal Republicana, e nas eleccións xerais de 1933 e nas eleccións xerais de 1936 polo Partido Republicano Conservador. No franquismo foi enxeñeiro xefe de Obras Públicas de Lugo en 1940,[2] enxeñeiro xefe de Obras Públicas da provincia da Coruña dende 1947,[3] e inspector xefe de Obras Públicas de Galicia.[4]

Presidiu o Lugo Sporting Club en 1927.[5] Foi presidente do Deportivo da Coruña desde o 30 de maio de 1950, en substitución de Daniel Chaver Gómez, até o 29 de xaneiro de 1952, sendo á súa vez substituído por Manuel Otero Peón.


Predecesor:
Daniel Chaver Gómez
 Presidente do Deportivo da Coruña 
1950−1952
Sucesor:
Manuel Otero Peón

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Becerreá con Magdalena Mateo Ferrer en setembro de 1926.[6]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Medalla ao Mérito no Traballo en 1929.[7]

  1. La Voz de la Verdad, 17-5-1923, p. 1.
  2. El Progreso, 19-5-1940, p. 2.
  3. La Voz de Galicia, 16-1-1947, p. 3.
  4. Pueblo, 13-9-1957, p. 2.
  5. La Provincia, 3-8-1927, p. 1.
  6. El Progreso, 23-9-1926, p. 2.
  7. La Voz de la Verdad, 1-10-1929, p. 2.