Enrique Gómez Pato
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1922 México |
Morte | decembro de 1979 (56/57 anos) Verín, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista |
Enrique Gómez Pato, coñecido como O Pato, nado en México en 1922 e finado en Verín en decembro de 1979, foi un xoieiro, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia orixinaria de Nogueira de Ramuín, que emigrou a Cuba. Naceu en México cando a familia retornaba da emigración. Críouse na rúa Santo Domingo de Ourense onde aprendeu o oficio de xoieiro. Despois trasladouse a Verín onde montou unha xoiería. Foi correspondente de La Noche e La Región en Verín. É autor de dúas obras de teatro, Estreliña e Os dous irmáns, que se representaron na provincia de Ourense.[1] Impulsou os maios de Verín en 1951 e foi promotor da homenaxe aos afiadores.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Recibiu o premio Adolfo Estévez de xornalismo polo artigo "Héroes en el anonimato: o porco".
- O Concello de Verín convoca dende 1986 un certame literario para a redacción das coplas dos maios que leva o seu nome.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Os maios de Gómez Pato. Conferencia Plácido Romero". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2020.
- ↑ El Pueblo Gallego, 31-3-1963, p. 2.