Enrique León Calviño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de agosto de 1944 ![]() Verín, España ![]() |
![]() | |
2007 – 2007 (dimisión) ← Joaquín Javier Gago López – Dolores García Giménez → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político, policía ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de |
Enrique León Calviño, nado en Verín o 1 de agosto de 1944, é un policía e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Despois de facer o bacharelato aprobou as oposicións a policía, e logo de traballar durante dous anos en Barcelona, en 1970 foi destinado a Vilagarcía de Arousa. En 1995 ascendeu a comisario xefe e en 1999 asumiu a xefatura da brigada da Unidade de Drogas e Crime Organizado de Galicia. En 2001 foi destinado como comisario en Santiago de Compostela, onde permaneceu ata 2006. Nese momento, por motivos de idade, pasou á situación de segunda actividade sen destino, e aceptou a oferta de entrar en política.
Desta forma, presentouse como candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Vilagarcía de Arousa nas eleccións municipais de 2007, logo da retirada do anterior alcalde Javier Gago López. Logrou se-la forza máis votada, sendo elixido alcalde o día 16 de xuño co apoio do BNG e pasando a dirixir un goberno en coalición con eles, se ben en minoría con 10 dos 21 concelleiros. Só unhas semanas máis tarde, a Xunta Electoral Central estipulou que un policía en segunda actividade non pode ser elixido como concelleiro polo seu traballo (se ben na reserva). Porén, a Xunta Electoral declarouse incompetente para tomar decisións ao respecto. Despois de valorar a situación decidiu dimitir o 9 de xullo, polo que o seu mandato non chegou a alcanzar 1 mes.
Predecesor: Javier Gago |
![]() Alcalde de Vilagarcía de Arousa 2007 |
Sucesor: Dolores García Giménez |