Enrique Maya
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de abril de 1959 (65 anos) Montevideo, Uruguai |
Alcalde de Pamplona | |
15 de xuño de 2019 – 17 de xuño de 2023 ← Joseba Asiron – Cristina Ibarrola (pt) → | |
Alcalde de Pamplona | |
11 de xuño de 2011 – 13 de xuño de 2015 ← Yolanda Barcina – Joseba Asiron → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Navarra |
Actividade | |
Ocupación | político, profesor universitario, arquitecto, escritor |
Empregador | Universidade de Navarra |
Partido político | Unión del Pueblo Navarro |
Enrique Maya Miranda, nado en Montevideo en 1960, é un político navarro. Foi alcalde do concello de Pamplona por Unión del Pueblo Navarro, cargo que ocupou entre o 2011 e 2015.
Biografía
[editar | editar a fonte]Naceu en Montevideo en 1960, aínda que reside en Pamplona desde os 4 anos. Arquitecto de profesión, está casado e ten dous fillos. No ano 1989 comezou a traballar como funcionario municipal cando accedeu como arquitecto da Oficina de Rehabilitación Municipal. Ocupou o cargo de director da área de Urbanismo e Vivenda, e da Xerencia de Urbanismo do Concello de Pamplona.[1] Non está afiliado a ningún partido político, aínda que nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura de Unión del Pueblo Navarro (UPN) ao Concello de Pamplona, logo de que o Consello Político deste así o aprobase o 14 de xaneiro de 2011.[2] Tras acadar este partido 11 dos 27 concelleiros do consistorio, logrou a alcaldía pamplonesa con 13 votos, os de UPN e PP e a abstención do PSN-PSOE, mentres que a outra candidata Uxue Barkos (NaBai) conseguiu 11 votos, os de NaBai, Bildu e Izquierda-Ezkerra.[3]
Presentouse á reelección nas eleccións de 2015 nas que o seu partido foi a forza máis votada. Non obstante, un pacto de investidura cuatripartito entre EH Bildu, Geroa Bai, Aranzadi - Iruñea Denon Artean - Pamplona En Común (marca de Podemos) e Izquierda-Ezkerra (marca de IU)[4] outorgou o bastón de mando municipal a Joseba Asirón, de EH Bildu, o 13 de xuño de 2015. Nesa votación Asirón obtivo 14 votos, Enrique Maya logrou 10 apoios, mentres que a socialista Maite Esporrín logrou 3 apoios.[5]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Entre as publicacións e relatorios de Enrique Maya, destacan as referidas a Pamplona. Os seus principais traballos son:
- La parcela gótica. Rehabilitar el cerramiento
- Rehabilitación estructural de centros históricos
- Centro Histórico de Pamplona. Muralla y Glamour
- Rehabilitar el Centro Histórico desde la periferia
- Rehabilitación y Conservación de Centros Históricos
- Planificación y Gestión del Centro Histórico de Pamplona
- La experiencia de rehabilitación en el Casco Antiguo de Pamplona
- Los planes de rehabilitación de cascos urbanos
- El ejemplo de Pamplona o, muy recientemente
- La muralla verde, dentro del ciclo Pasado, presente y futuro de las fortificaciones de Pamplona.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Diario de Navarra (ed.). "Barcina propone a Enrique Maya Miranda como candidato a la alcaldía de Pamplona". Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2014. Consultado o 13 de junio de 2011.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2011. Consultado o 01 de xaneiro de 2013.
- ↑ EUROPA PRESS, ed. (11/06/2011). "Enrique Maya (UPN), nuevo alcalde de Pamplona con el voto en blanco del PSN". Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2015. Consultado o 31 de decembro de 2012.
- ↑ Diario de Noticias (ed.). "EH Bildu, Geroa Bai, Aranzadi e I-E pechan o acordo para que Asiron sexa o novo alcalde de Pamplona". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2015.
- ↑ Naiz (ed.). "O abertzale Joseba Asiron, proclamado alcalde de Iruñea por maioría absoluta". Consultado o 13 de xuño de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Yolanda Barcina |
Alcalde de Pamplona 2011 - 2015 |
Sucesor: Joseba Asirón |
Predecesor: Joseba Asirón |
Alcalde de Pamplona 2019 - |
Sucesor: En el cargo |