Enrique Nanín Ansias
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1907 Ourense, España |
Morte | 11 de outubro de 1937 (29/30 anos) Ourense, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, político |
Enrique Nanín Ansias, nado en Ourense cara a 1907 e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1937, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vixiante de arbitrios de Ourense. Foi detido en maio de 1933 con Manuel Guede Franco por suposto atentado frustrado contra o Goberno civil de Ourense.[1] Na folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido.[2] Xulgado por ameazas a axentes da autoridade foi condenado a tres meses de arresto maior e suspensión do cargo en decembro.[3] Foi secretario do Socorro Vermello de Ourense en xullo de 1936.[4] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Foi detido no número 31 da rúa Raíña Victoria na madrugada do 27 de marzo de 1937 xunto con Ramón González Calviño e os seus fillos, os irmáns Ángel e Julio González Cudeiro.[5] A filla de Ramón, Josefina González Cudeiro, tamén foi encarcerada. Enrique, Ángel e Julio González Cudeiro foron xulgados en consello de guerra o 29 de xullo de 1937,[6] e condenado á pena de morte. Foi executado no Campo de Aragón o 11 de outubro de 1937 xunto con José Fernández Pérez, Severino Nóvoa Gutiérrez, José González Tesouro e Gerardo Rodríguez Fernández.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Prada Rodríguez, Julio (2004). Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión. Sada: Do Castro. ISBN 978-84-8485-157-8.