Enrique Paisal
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1938 (85/86 anos) Palmeira, España |
Actividade | |
Ocupación | pianista |
Membro de | |
Profesores | Manuel Carra |
Instrumento | Acordeón e piano |
Enrique Paisal Rego, nado en Palmeira (Ribeira) en 1938, é un acordeonista e pianista galego. Foi membro fundador d'Os Tamara así como director do Conservatorio de Ribeira.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos oito anos comezou a estudar solfexo e acordeón co seu pai, Enrique Paisal Pérez. Aos dez anos trasladouse a Santiago de Compostela onde seguiu estudos de solfexo e piano no Conservatorio. Tamén asistiu a cursos de solfexo con Ana María Navarrete e de piano con Manuel Carra e Vázquez Sebastián. Ademais da carreira superior de piano, fixo até 5º de violín.
Foi membro d'Os Tamara até 1975 en que abandonou o grupo para dar clases no conservatorio de Compostela, para facerse cargo despois da Escola de música de Porto do Son. Seguiu traballando activamente no mundo da música e sacou dous discos en Solitario.
Discografía
[editar | editar a fonte]- La vida es una sola 2000
- Enrique Paisal, amigas y amigos 2002