Saltar ao contido

Enrique Romero Bravo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Triana
Información persoal
Nome Enrique Romero Bravo
Nacemento 9 de xuño de 1908
Lugar de nacemento A Coruña
Falecemento 21 de xaneiro de 1984
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1927–1929 Marino FC
1929–1930 Emden FC
1930–1939 Deportivo da Coruña 95 (25)
1939–1941 Real Madrid 5 (0)
1941 Alavés
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Enrique Romero Bravo, alcumado Triana, nado na Coruña o 9 de xuño de 1908 e finado na mesma cidade o 21 de xaneiro de 1984, foi un futbolista galego. Xogaba de centrocampista e militou a maior parte da súa carreira no Deportivo da Coruña.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Militou no Marino FC e logo no Emden FC, sendo traspasado desde este último ao Deportivo da Coruña en xaneiro de 1930.[1] Debutou nun partido da Segunda División fronte ao Real Betis. Os seus compañeiros ese día foron: Isidro, Otero, Alejandro; Esparza, Fuentes, Fariña; Torres, Chacho, Hilario e Pérez.[2] Xogou no Deportivo durante sete tempadas, todas elas na Segunda División, competición na que disputou 95 partidos, marcando 25 goles. Ademais gañou os Campionatos de Galicia de 1930/31, 1932/33 e 1936/37.

Trala guerra civil fichou polo Real Madrid, co que xogou só cinco partidos da Primeira División, sendo cedido en 1941 ao Deportivo Alavés.[3]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Deportivo da Coruña

  1. "Triana al Deportivo". La Voz de la Verdad (en castelán) (6775). 4 de xaneiro de 1930. p. 4. Consultado o 16 de setembro de 2021. 
  2. "El Betis derrotado en La Coruña y en Vigo". El Ideal Gallego (en castelán) (3652). 7 de xaneiro de 1930. p. 1. Consultado o 16 de setembro de 2021. 
  3. "Hace 25 años". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de abril de 1966. p. 7. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]